Contacontos

Etiquetas:
04/04/2024

A compañía teatral Bandullo azul presenta en Foz o espectáculo para público familiar “Filipa cos contos” este domingo, 7 de abril. Será na Casa da Cultural ás 12:00 horas con entrada de balde.

“Este domingo contacontos para gozar en familia con Bandullo azul. Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e o humor repártense entre os dous contadores que soben á escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional, a súa experiencia. Haberá tamén historias cantadas. Historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis próximo, senón tamén doutras terras. Contos filipantes, contos cantados e acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous, e cadaquén ao seu xeito, farán posible unha sesión para...

leer más
Etiquetas:
24/03/2024

O vindeiro martes, 26 de marzo, a picaraxada ten contacontos da man de Miguel Guido e “O lobo feliz”.

Trátase dun contacontos con humor e música pensado para un público de 3 a 8 anos, pero do que pode gozar toda a familia

As protagonistas son historias de lobos feroces…É tempo de lobos que buscan a felicidade ouveando á lúa!

O contacontos terá lugar na Casa da Cultura ás 12:00 horas, con entrada de balde. 

11/03/2024

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Mondoñedo anuncia que os premios dos concursos de debuxo e relato curto Mondoñedo en Igualdade serán entregados nun acto que se celebrará o 23 de marzo, sábado, no Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Ás 17:00 será a entrega dos premios e media hora despois Trécola Teatro ofrecerá o contactontos  “E ti, que queres ser de maior?”.

 

Etiquetas:
04/10/2023

A Casa da Cultura de Burela, como parte do programa Ler Conta Moito, albergará un espectáculo do contacontos Caxoto e a súa compañía A Trastenda dos Contos titulado ‘Miña terra meu lar (contos ambientais)’.

Dirixido a un público infantil e familiar, trata a importancia do medio ambiente dun xeito lúdico e musical.

Será ás 18:00 horas deste sábado, 7 de outubro, con entrada de balde

Etiquetas:
13/10/2022

O vindeiro sábado , 15 de outubro, ás 18 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Burela contará coa visita do Grupo Música Miúda. Nesta ocasión  presentarán “As Historias de Bemol Pequeno”.

Un ano máis, a Biblioteca Pública de Burela participa en Ler Conta Moito 2022, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas  entidades locais.

A través do mesmo as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.

Deste xeito as bibliotecas reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que proporcionan.

... leer más
Etiquetas:
20/09/2022

O Concello de Viveiro anuncia a representación do contacontos inclusivo titulado “A Maleta” este sábado, 24 de setembro. Esta iniciativa conmemora o Día Internacional da Lingua de Signos que se celebra este venres.

A cita será este sábado ás 18.00 horas na sala multiusos do Concello e diríxese á infancia a partir dos 5 anos. O espectáculo é gratuíto ata completar aforo e non é necesario reservar praza. 

A representación inclúe un contacontos inclusivo en lingua de signos e lingua oral. O espectáculo inclúese dentro da programación “Ler conta moito”. 

“No Concello de Viveiro cremos que se a cultura non é de todos e para todos, non é cultura, por iso acollemos estas iniciativas que normalizan a inclusión”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

 

Etiquetas:
10/09/2022

O domingo 25 de setembro ás 18:00 horas Caxoto Díaz Valle, de A Trastenda dos Contos, representará na Casa da Cultura de Burela "Coas mans na masa: contos de igualdade”, un espectáculo de 60 minutos de duración para nenos e nenas a partir de 4 anos.

Os organizadores explican que “ao gran chef Caxoto sempre lle dixeron que cociñar era cousa de mulleres e desta volta quere propoñernos un menú elaborado por ingredientes de igualdade co que desmontar os estereotipos de xénero”.

A entrada será libre.

Etiquetas:
31/03/2022

Este sábado, 2 de abril, celébrase o día do libro infantil, coincidindo co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, autor danés ben coñecido por todo o público polos seus inmortais contos.
 
Para conmemorar esta data importante no mundo do libro, na Libraría Bahía, de Foz, organizan un contacontos acompañado dun obradoiro plástico  titulado La invasion de los pulgones, a cargo da autora e ilustradora Nelo Polichi. 

Será  o mesmo sábado ás 12 da mañá na libraría. E unha actividade gratuíta e aberta para todas as nenas e nenos que queiran participar. “Logo de dous anos sen poder realizar apenas actividades no interior da libraría por mor da pandemia, fainos moita ilusión recuperar este espazo de animación á lectura tamén para a xente máis pequena”, sinalan desde Bahía.

Etiquetas:
14/03/2022

O 18 de marzo Trémola Teatro visita Ourol co contacontos "Dúas nenas moi valentes".

Dúas nenas que durante unha festa de pixamas, descobren un libro secreto cheo de fascinantes historias con mulleres como protagonistas. Está destinado a nenas e nenos a partir de 3 anos. A cita dará comezo ás 18:30 horas no edificio multiusos.  

E o vindeiro domingo, 20 de marzo, Trémola Teatro representará a obra "Se pechas os ollos" unha historia sobre como un amor de xuventude pode cambiarche a vida. Será ás 17 horas no edificio multiusos con entrada gratuíta. 

 

Etiquetas:
10/11/2021

A Biblioteca Municipal de Ourol organiza o espectáculo de contacontos "A aventura de Daniela Pirata" para bebés de 0-3 anos dentro da campaña contra a violencia de xénero e pola igualdade. Será no edificio multiusos de Ourol o día 20 de novembro, sábado, ás 11:30 horas.

Neste contacontos, a través da música e dos xogos, os asistentes acompañarán a Daniela Pirata nas súas aventuras, que encantarán ós máis pequenos.

As prazas son limitadas e inscriben no teléfono 982.55.90.19 ata o 16 de novembro.