Contacontos

Etiquetas:
11/04/2018

Librería Bahía en Foz organiza a presentación e sesión de contacontos do conto Carlitos, el mago de la mente. Terá lugar este sábado, 14 de abril, ás 12:00 horas.

Estarán presentes a autora, Ana Isabel Fraga, e a ilustradora do libro, Olga María Fraga.
Ana Isabel Fraga, nacida en Asturias en 1974, é coach e educadora de padres e aula, e decidiu utilizar a súa paixón pola escritura para contar historias que axuden tanto a nenos como a adultos, a entenderse mellor.

En Carlitos, el mago de la mente a autora explica como enfrontarse ao medo aos monstruos.

 

Etiquetas:
20/11/2017

O programa de atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, colabora co Centro de Información ás Mulleres de Burela para conmemorar os actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, realizando unha actividade dirixida ao alumnado de cuarto de educación secundaria e primeiro de bacharelato dos dous IES do noso municipio.

Así mañá, 21 de novembro, ás 11:30 horas haberá un contacontos na Casa da Cultura.  O título é Contamos todas, da compañía A Tropa de Trapo.

 

Etiquetas:
07/03/2017

Este sábado, 11 de marzo, ás doce da mañá na Librería Bahía haberá unha actividade para pícaras e pícaros.

“O contacontos Roni Macarroni daranos a coñecer a dous personaxes, Max e Mía, protagonistas de libros de aventuras que edita a editorial La Galera. Con eles os pícaros viaxarán ao mundo dos piratas onde ademais de coñecer as aventuras destes dous nenos, van ter oportunidade de realizar xogos e actividades que os mergullarán no apaixoante mundo da piratería”, explican desde Librería Bahía. 

 

Etiquetas:
06/03/2017

O vindeiro sábado, día 11, haberá diversas actividades culturais en Ribadeo: contacontos para @s máis pequen@s, concerto de rock e queima do Entroido. O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, subliña que “a queima foi aprazada debido ao aviso de fortes ventos na zona para a noite do pasado sábado”.

O edil nacionalista contou que “unha das mellores narradoras galegas, Raquel Queizás, estará cos seus Nanocontos este sábado ás 17.30 horas na biblioteca El Viejo Pancho. Trátase dun espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacidade de atención”.

Farruco Graña dixo que “é unha actividade que se inscribe no programa Apego no que están inscritas polo de agora en Ribadeo...

leer más
Etiquetas:
03/11/2016
Nova sesión dos "Sábados de Conto" na Librería Bahía, en Foz, o 5 de novembro. Alí estará a autora lucense Ana Meilán.
 
Este sábado, 5 de novembro, ás doce da mañá na Librería Bahía de Foz haberá unha nova sesión dos “Sábados de Conto”.
 
Haberá contacontos e taller sobre o libro “Lágrimas bajo la cama”, coa súa autora e editora, a lucense Ana Meilán.
 
“Simón é un neno de bágoas fáciles e por iso todos lle chaman chorón. Un día toma unha decisión drástica. Qué vai facer Simón coas súas bágoas? Si queredes sabelo, vinde á Librería Bahía o vindeiro sábado”, explican os organizadores.
 
Etiquetas:
21/10/2016
A Biblioteca Municipal de Lourenzá acollerá o 24 de outubro un obradoiro a cargo de Caxoto Contacontos. Con esta actividade celébrase o día da biblioteca.
 
A biblioteca municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, acollerá o vindeiro luns, día 24, un obradoiro a cargo de Caxoto Contacontos, que presentará a iniciativa A Trastenda dos Contos. Esta actividade, que se celebra para conmemorar o Día da Biblioteca, leva por título A miña biblo mola!
 
A alcaldesa laurentina, Rocío López, anunciou hoxe que “esta iniciativa ten como obxectivo que os usuarios e usuarias habituais poidan presumir de biblioteca. Haberá un obradoiro de A Trastenda dos Contos, a cargo de Caxoto Contacontos, da Coruña, que finalizará cun videoclip lúdico. Terá lugar nas instalacións da biblioteca municipal o luns 24 de outubro de 11 a 13 horas e nel van participar os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Juan Rey, de Lourenzá”.
 
... leer más
22/10/2015
A compañía Elefante Elegante leva á Biblioteca El Viejo Pancho de Ribadeo o seu número de contacontos "O Aviador" este sábado, 24 de outubro.
 
O lecer para os máis pequenos ten un lugar destacado na axenda cultural de Ribadeo para esta fin de semana. Este sábado, 24 de outubro, ás 17:30 horas, na biblioteca municipal El Viejo Pancho, os cativos poderán gozar do espectáculo O aviador de man da compañía Elefante Elegante. 
Trátase dun contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos que chega a Ribadeo para celebrar o Día da Biblioteca . No espectáculo, a narración oral vai acompañada pola manipulación de obxectos, sombras chinesas, marioneta de luva e música e conta a historia dun aviador e o seu moucho, que como todo moucho adora a noite e aborrece o día. O aviador intentará axudarlle neste cometido.  A entrada ao contacontos é libre.
 
14/10/2015
Este venres, 16 de outubro, dan comezo na Biblioteca Pública Municipal de Foz os "Contos de Outono", que traen á vila a Pablísimo e Sherezade Bardají.
 
Este venres dan comezo na Biblioteca Pública Municipal de Foz os Contos de Outono, segundo ven de anunciar a concelleira de Cultura, Silvia Blach. 
O 16 de outubro ás 18 horas os nenos e nenas a partir de catro anos poderán gozar de Os contos de Pablísimo, que presenta ¡Rás!, contos batracios: “Bico ou non bico a ra? Os sapos e as ras de hoxe en día xa non son coma antes. Unha divertida escolma de contos e cancións onde os batracios son os protagonistas”. ¡Rás! Contos Batracios é un espectáculo de narración oral, teatro de obxectos e bonecos baseado en contos, fábulas, retahilas, contos de nunca rematar e cantinelas.
Xa o 30 de outubro, tamén ás seis da tarde, e destinado a bebés de 0 a 3 anos Sherezade Bardají presentará Palabras...
leer más
13/05/2015
A Biblioteca Municipal de Foz acollerá este venres, 15 de maio, un espectáculo de contacontos a cargo da actriz Raquel Queizás.
 
Dentro da Programación das Letras, a biblioteca pública municipal de Foz acollerá este venres, día 15, ás seis da tarde un espectáculo de contacontos con obxectos e monicreques para nenas e nenos a partir de 3 anos de idade. A actuación, titulada A maleta da avoa, correrá a cargo de Raquel Queizás.
A actriz Raquel Queizás, que ten unha frutífera e longa traxectoria profesional, cursou estudos de Artes Escénicas (interpretación, clown, improvisación, expresión corporal,  bufón, danza, teatro, mimo, voz e canto, acrobacia,  manipulación e fabricación de monicreques, etcétera.) en diferentes centros ou encontros de formación. É cofundadora e integrante da compañía Teatro da Semente. Forma parte do elenco das compañías Os Monicreques de Kukas e A Xanela do Maxín. Participou...
leer más
Etiquetas:
04/03/2015
O Concello de Xove ten programados varios actos para celebrar o Día Internacional da Muller. Terán lugar do 7 ao 10 de marzo.
 
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado un amplo programa de actividades para celebrar o Día Internacional da Muller.
O sábado, día 7: o alcalde, Demetrio Salgueiro, visitará a dona Aurora Quelle Abad, a muller máis lonxeva do concello (98 anos). O rexedor acudirá acompañado pola concelleira Ana Abad e faranlle entrega dun ramo de flores no seu domicilio. 
O domingo, día 8: a partir das 17:30 horas no Salón de Actos terá lugar a VIII Chocolatada Día da Muller e despois será a inauguración da exposición Rostros da historia, que permanecerá aberta ata o día 20 de marzo.
E o martes, día 10 de marzo: no Salón de Actos ás 10:30 Contacontos Noui e o bebedizo...
leer más