Caxoto Contacontos actuará o 13 de marzo en Barreiros. Para asistir é necesario inscribirse.

O Concello de Barreiros programa a actuación de Caxoto Contacontos, dentro de Educando en Familia, para este sábado, 13 de marzo, ás 18:30 horas, no centro sociocultural de San Cosme.

Para anotarse, por control de aforo, hai que chamar ao 982 124 002, ata este venres en horario de 9:30 a 14:30 horas. Asignarase un número que se corresponderá co asento a ocupar no salón de actos. A organización lembra que é obrigatorio o uso de máscara. Dispoñerase de xel hidroalcohólico e manteranse as distancias de seguridade.