A Casa da Cultura de Alfoz acolle un espectáculo de contacontos. Será o 30 de xaneiro.

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acolle un espectáculo de contacontos o 30 de xaneiro, sábado, ás 18:00 horas. Titúlase Unha viaxe ao mundo dos contos pop up e corre a cargo de Fátima Fernández.

Esta actividade está dirixida ao público infantil, con entrada libre e gratuíta e cun aforo máximo de 50 persoas. Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (ext. 2)