Mar por Medio

01/11/2023

A Academia Xacobea ultima os preparativos para a celebración da vindeira edición das Xornadas Mar por Medio, que terán lugar do 1 ao 3 de decembro en Ribadeo, reunindo a un destacado grupo de expertos de diferentes ámbitos para debater sobre o tema “O Camiño: Cultura e tradición”. Ese é o título e o fío condutor do programa elaborado pola Academia coa colaboración da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Ribadeo. Durante tres días celebraranse conferencias, mesas redondas e outras propostas divulgativas sobre aspectos tan diversos como o patrimonio, a música, a artesanía ou a gastronomía en relación cos Camiños de Santiago e o fenómeno xacobeo. 

Xa está aberto o prazo para que os interesados en participar poidan formalizar a súa inscrición. Para tal fin habilitouse un formulario na web da Academia...

leer más