Quiroga

Etiquetas:
26/04/2016
O Concello de Foz organiza unha excursión á Feira do Aceite de Quiroga o 8 de maio. A inscrición está aberta na Delegación de Cultura.
 
O Concello de Foz, a través da Concellería de Medio Rural, organiza unha excursión á Feira do Aceite de Quiroga para o día 8 de maio, domingo.
 
O prezo para participar é de 25 euros e inclúe comida na feira, visitas a partir das 17 horas ao Museo Etnográfico de Quiroga e ao Museo Xeolóxico Municipal.
 
Os interesados e interesadas poden anotarse na Delegación de Cultura do Concello de Foz, que está na Casa do Concello, ou chamando ao teléfono 982.140.027. O número de asento será por orde de inscrición.