Limpeza

03/11/2017

O 11 de novembro terá lugar unha limpeza simultánea de praias de Galicia. Trátase dunha actividade que organizan Adega e a Universidade de Vigo. En Ribadeo actuarase no areal das Catedrais, segundo informan desde a Concellería de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño. 

As persoas que desexen participar nesta iniciativa, coa que colabora o Concello de Ribadeo, deben dirixirse a adegalugo@adega.gal ou ao teléfono 686 11 87 22. 

O encontro para proceder á limpeza da emblemática praia das Catedrais será no aparcamento do areal o 11 de novembro (sábado) ás 15 horas. Esta tarefa prolongarase ata as seis da tarde. 

No protocolo para a limpeza dos areais, elaborado por Adega e a Universidade de Vigo, subliñan que “a costa galega conta con innumerables...

leer más
Etiquetas:
02/06/2015
Gaia e o Concello de Burela programaron do 11 ao 29 de xuño a limpeza de varias zonas costeiras e praias. Así celebrarán o Día Mundial dos Océanos.
 
O vindeiro 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. Gaia e Concello programaron para os vindeiros días a limpeza de varias zonas costeiras e praias de Burela “para concienciar á poboación do papel crucial que desempeña o mar nas nosas vidas”. 
Desde Galicia lembran que “o día mundial dos océanos foi proposto por primeira vez no ano 1992 no cumio da terra celebrado Río de Xaneiro. O obxectivo é crear conciencia sobre o papel crucial que os océanos desempeñan nas nosas vidas e as distintas maneiras con que as persoas poden axudar a protexelos.Os océanos axudan a regular o clima e o tempo e proporcionan osíxeno e alimentos, así como outros efectos beneficiosos para o medio ambiente e para a sociedade e a economía en xeral”.
As...
leer más