A rapazada de 3 a 12 anos gozará o 25 de setembro en Foz de contacontos musicais infantís na biblioteca pública Salgado Toimil.

A programación cultural de outono do Concello de Foz inclúe unha nova cita para as/os máis pequenas/os, este sábado, 25 de setembro, con Tres por Catro e os seus Musicreques: contacontos musicais. Será ás 18:30 horas na biblioteca pública Salgado Toimil.

Este espectáculo, para público de 3 a 12 anos, consiste en música ao piano acompañada de rimas, cantos e monicreques.

As entradas son gratuítas e poden reservarse no teléfono 982.140.027 - Extensión 3.