Librería Bahía organiza dúas sesións de contacontos o 24 de novembro en Foz e en Ribadeo.

Librería Bahía organiza dúas sesións de contacontos este sábado, 24 de novembro, en Foz e Ribadeo.

Ás 12:00 horas na Librería Bahía de Foz terá lugar unha sesión de contacontos a cargo de Verdemar. Trátase do selo infantil da editorial Alvarellos que presentará os contos Miña profe é un monstro e Queres ler un libro comigo?, nos que os protagonistas son un neno que busca con quen compartir as súas lecturas favoritas, e outro que non ten moi claro se a súa profe é un monstro ou un encanto.

Esta sesión de contacontos celebrarase na Librería Bahía de Ribadeo este mesmo sábado 24 ás 17:00 horas.