Club de Lectura

09/04/2019

O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira programou a “Primavera Cultural 2019”.

A primeira das actividades, o 25 de abril, estará organizada en colaboración coa asociación Mariña Patrimonio e consistirá nunha charla do profesor Xosé María Leal Bóveda que dará a coñecer os postos de vixilancia que existiron na Ría de Viveiro.

Tamén en abril, o 29, darán comezo as actividades do Clube de Lectura que nace agora dentro deste colectivo. A obra escollida para esta ocasión é “Charamuscas” de Suso Lista.

Nesta primeira sesión do Clube participará tamén o escritor que no mes de decembro pasado, presentou a súa obra en Viveiro.

Xa en maio e dentro desta mesma programación, vai ser presentado o proxecto musical e artístico “A Comuna do Barruzo” por Ugia Pedreira e Abel...

leer más
12/03/2015
Nova xuntanza do club de lectura da A.C. Francisco Lanza de Ribadeo. Será o 26 de marzo na Casa das Letras.

 

O club de lectura da Asociación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo reúnese o vindeiro 26 de marzo ás 20.30 horas na Casa das Letras. Desta vez arredor de NEIGHBOURS, de Lília Momplé, un pedazo da historia do Moçambique contemporáneo. Desde a organización sinalan que "quen estiver interesad@ xa ten exemplares ao seu dispor na biblioteca muncipal de Ribadeo".