Adestramento

Etiquetas:
10/10/2018

Burela acollerá este sábado, 13 de outubro, un adestramento de fútbol gaélico aberto ao público en xeral. Será no campo de fútbol de A Marosa a partires das 19:00 horas.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, dixo que “dende a Delegación de Deportes de Burela queremos anunciar que o sábado vai ter lugar un adestramento de fútbol gaélico nas instalacións do campo de fútbol da Marosa ás sete da tarde. A Asociación Galega de Fútbol Gaélico púxose en contacto comigo como concelleiro para levar a cabo este adestramento”.

O edil explicou que “nos parece unha moi boa idea. É un deporte novo que ademais temos a sorte de contar con deportistas de Burela que están na selección e practicando esta disciplina. Vimos unha oportunidade tamén para achegar un pouquiño esta modalidade deportiva a todos os veciños que...

leer más
27/05/2018

O presidente do C.D. Lugo, Tino Saqués, reuníusec os responsables políticos dos Concellos de Cervo, Viveiro, Ourol, Xove e o Vicedo para presentar o programa “A nosa terra.Os nosos nenos”.

O obxectivo principal deste programa é o de achegar o clube a todos os rincóns da provincia para así crear un sentimento de unión a través de diferentes actividades.

A campaña dará comezo o próximo 31 de Maio no Campo de A Veiga en San Ciprián entre as 11 e as 12:30 horas.

Este primeiro contacto vai consistir nun adestramento da primeira plantilla do C.D. Lugo, o cal terá entrada libre a calquera que se queira achegar. Ademáis, continuarase cunha visita por parte dos membros do primeiro plantel aos colexios do resto dos Concellos de Viveiro, O Vicedo e Ourol. A idea é que os escolares de Cervo, San...

leer más
14/09/2017

Mañá, 15 de setembro, darán comezo no ximnasio municipal de Barreiros unhas sesións de adestramento persoal que terán lugar ata o 13 de outubro. A actividade, que era presentada polo alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Deportes, Adrián Blanco, é gratuíta, e desenvolverase os mércores e venres en horario de 16:00 a 20:00 horas, en clases dunha hora de duración.   

O rexedor barreirense subliñou que “se trata  dunha actividade que nos parece novidosa e interesante para os rapaces, como son unhas sesións de adestramento persoal. Non se trata simplemente duns adestramentos, senón que aquí en colaboración coa Xunta de Galicia plantexámoslle un proxecto para a mocidade, que é saber adestrar”.

Fuente Parga declarou que “se están incrementando moito as tarefas deportivas e o inicio ao deporte, pero en moitos casos...

leer más