A Campo da Veiga, en San Ciprián, acollerá o 31 de maio o primeiro evento do programa "A nosa terra. Os nosos nenos" do CD Lugo.

O presidente do C.D. Lugo, Tino Saqués, reuníusec os responsables políticos dos Concellos de Cervo, Viveiro, Ourol, Xove e o Vicedo para presentar o programa “A nosa terra.Os nosos nenos”.

O obxectivo principal deste programa é o de achegar o clube a todos os rincóns da provincia para así crear un sentimento de unión a través de diferentes actividades.

A campaña dará comezo o próximo 31 de Maio no Campo de A Veiga en San Ciprián entre as 11 e as 12:30 horas.

Este primeiro contacto vai consistir nun adestramento da primeira plantilla do C.D. Lugo, o cal terá entrada libre a calquera que se queira achegar. Ademáis, continuarase cunha visita por parte dos membros do primeiro plantel aos colexios do resto dos Concellos de Viveiro, O Vicedo e Ourol. A idea é que os escolares de Cervo, San Ciprián e Xove poidan asistir e presenciar en directo os adestramentos e ao remate os xogadores invitarán ao snenos a asistir ao partido fronte a UD Almería do 2 de Xuño.

O presidente do C.D. Lugo Tino Saqués, despois de visitar as instalacións do Complexo Deportivo de A Veiga en San Ciprián, xunto con persoal técnico do seu equipo, afirma que se trata dun lugar idóneo pola calidade das súas instalación deportivas.

Para o alcalde Alfonso Villares esta “é unha oportunidade fantástica para achegar aos nenos unha experiencia con xogadores de primeiro nivel que lles poidan dar consellos e lles ensinen os valores do deporte”.

Para Jose Ramón Soto, o edil de deportes, trátase dunha iniciativa que vai acorde coa filosofía do Concello de apostar polo deporte e os valores intrínsecos das súas experiencias e di que “é importante que os nenos teñan cerca referentes do mundo do deporte nos que poder fixarse”.