Nois
A asociación Pasada das Cabras organiza unha ruta nocturna Burela-Nois para este sábado, 8 de agosto
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras organiza a ruta nocturna Burela-Nois (Foz) para este sábado, día 8 de agosto. É unha ruta de dificultade baixa con 7,5 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar chaleco reflector e lanterna.
A saída será ás 21:30 horas desde a estación do tren de Burela. Ao rematar o percorrido desde Nois haberá chocolate con churros para os participantes na Praza da Mariña.
O prezo é de 8 euros para os socios do colectivo organizador e de 10 euros para os que non o son. Inclúe o desprazamento en tren, seguro e chocolate con churros.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 6 de agosto.
A parroquia de Nois, no municipio de Foz, celebra as festas na honra á Virxe do Carme desde este venres, 31 de xullo, ata o domingo 2 de agosto.
As actividades comezarán o venres ás 15:00 cun torneo de fútbol 3x3 junior, sub-12 e sub-18. Desde ás 18:00 horas haberá festa infantil gratuíta con colchonetas, festa da escuma e DJ Puzzle Animación.
O Sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión arredor da Igrexa acompañada polo Coro de Nois. Desde ás 14:00 horas haberá sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate, que tamén actuará na verbena. E ás 00:00 horas, Noite Meiga con queimada gratis e sorteos.
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne acompañada do coro Mar Aberto e procesión ata o porto. E ás 14:30 horas comezará unha sesión vermú co grupo Fusión Latina....
leer másO actor Avelino González ofrecerá o monólogo titulado Chistes que foron contos na parroquia focega de Nois este domingo, día 19 de abril. Será no Centro Social A Saira ás 18:00 horas.
É unha actividade para todos os públicos organizada pola Agrupación Deportiva San Xulián de Nois, que anuncia que ademais da actuación de Avelino González haberá café ou chocolate con biscoito por 3 euros.
Este evento conta coa colaboración do Concello de Foz.
A parroquia de Nois, no municipio de Foz, celebrará a festa de San Xulián este domingo, día 11 de xaneiro.
As actividades comezarán ás 13:00 horas, con misa solemne e procesión. Desde as 14:00 horas haberá sesión vermú e ás 14:30 horas empezará unha comida. A continuación haberá baile co dúo Calibre. Será no Centro Cívico A Saira, con aforo limitado.
A parroquia de Nois, no concello de Foz, celebrará as festas na honra á Virxe do Carme esta fin de semana, o sábado 2 e o domingo 3 de agosto.
As actividades comezarán o sábado ás 12:30 horas con misa solemne e despois procesión arredor da igrexa acompañada por un grupo de gaitas. A continuación, sesión vermú co grupo Montreal. Ás 20:00 horas haberá churrascada e ás 22:30 empezará a verbena amenizada polo grupo Montreal. E desde as 00:00 horas haberá Noite meiga con queimada e sorteo.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne cantada polo coro e procesión ata o porto. Tamén haberá sesión vermú co grupo Lecer.
A parroquia de Nois, no concello de Foz, celebrará a Festa das Flores esta fin de semana, sábado 17 e domingo 18 de maio.
As actividades comezarán o sábado ás 12:30 horas con misa solemne e sesión vermú a cargo do grupo Lume, que tamén amenizará a verbena, a partir das 22:00 horas. No descanso haberá sorteos sorpresa.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne e procesión ao redor da capela do Socorro. Despois haberá sesión vermú do dúo Estrella
Organiza esta festa a Asociación Deportiva San Xulián de Nois, que anuncia que haberá carpa.
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves, 24 de maio, ás 20:30 horas, unha charla no Centro Social “A Saíra” de Nois, titulada “A propiedade da terra en Nois”, que correrá a cargo do estudoso local Antonio Sixto.
A palestra de Antonio Sixto, acompañada dunha introdución de Xoán Ramón Fernández Pacios, pretende achegarnos a unha etapa da historia de Nois, concretamente a aquela na que os veciños da localidade se fixeron donos da propiedade da terra.
A Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco organiza o 27 de Maio un roteiro polo “Patrimonio de Nois”, seguindo como fío condutor da visita a historia, a etnografía, o patrimonio artístico e os espazos naturais de valor ecolóxico e paisaxístico. A actividade estará guiada polo estudoso da historia local de Nois, Antonio Sixto.
O percorrido polo “Patrimonio de Nois” vai comprender a visita á Ribeira, aos castros da Calexa e de Arealonga, ao conxunto de hórreos do porto de Nois, ás antigas fabricas de salgazón de Bengochea e dos Pillado, ao antigo porto baleiro do século XVII, as turbeiras de Arealonga e a area de Covas.
As persoas interesadas en participar desta actividade, deberá inscribise previamente no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com,...
leer más










