O actor Avelino González ofrecerá un monólogo en Nois (Foz) este domingo, 19 de abril

O actor Avelino González ofrecerá o monólogo titulado Chistes que foron contos na parroquia focega de Nois este domingo, día 19 de abril. Será no Centro Social A Saira ás 18:00 horas.

É unha actividade para todos os públicos organizada pola Agrupación Deportiva San Xulián de Nois, que anuncia que ademais da actuación de Avelino González haberá café ou chocolate con biscoito por 3 euros.

Este evento conta coa colaboración do Concello de Foz.