A Pomba do Arco, de Foz, organiza unha charla sobre "A propiedade da terra de Nois". Será o 24 de maio no centro social A Saira.

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves, 24 de maio, ás 20:30 horas, unha charla no Centro Social “A Saíra” de Nois, titulada “A propiedade da terra en Nois”, que correrá a cargo do estudoso local Antonio Sixto.

A palestra de Antonio Sixto, acompañada dunha introdución de Xoán Ramón Fernández Pacios, pretende achegarnos a unha etapa da historia de Nois, concretamente a aquela na que os veciños da localidade se fixeron donos da propiedade da terra.