Lemas

Etiquetas:
02/03/2023

Dende a Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración realizará unha serie de actividades de sensibilización para nenos e nenas e uns concursos de lemas e debuxo para conmemorar o Día internacional para a Eliminación da Discriminación Racial, que se celebra o vindeiro 21 de marzo.

A concelleira de Integración, Noelia Mª Ben, contou que “organizaremos unha nova edición da Ocainmigrante para o alumnado de 3º de Primaria dos Ceips municipais, Ceip Virxe do Carme e Ceip Vista Alegre, coa colaboración da aula de Medio Ambiente Gaia. Serán os días 23 e 24 de marzo. Con esta actividade preténdese sensibilizar aos máis novos sobre esta temática e ensinarlles a ver o mundo dende outra perspectiva, así como facelos conscientes das necesidades existentes no mundo que nos rodea. Mediante distintas probas van coñecendo aspectos como o racismo,...

leer más
Etiquetas:
19/03/2021

A Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración convoca a sétima edición dos Concursos de Lemas e Debuxos e Pintura con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial que se celebra o 21 de marzo.

A edil Noelia Mª Ben explica que “os obxectivos destes certames son transmitir, a través de mensaxes curtas ou debuxos, a importancia da educación en igualdade e a necesidade de eliminar a discriminación racial, así como a súa prevención. As bases para poder participar nestes concursos están a disposición das persoas interesadas na sede electrónica do Concello de Burela”.

Os traballos terán que ser inéditos, o prazo de presentación remata un mes despois da publicación das bases no BOP de Lugo e poderán entregarse presencialmente no Rexistro Municipal ou a través de correo...

leer más
Etiquetas:
26/03/2019

O Concello convoca a sexta edición dos concursos de Debuxo e Pintura e Lemas 21 de marzo: Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.

A concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez, subliña que “os obxectivos destes concursos son transmitir, a través de mensaxes curtas ou debuxos, a importancia da educación en igualdade e a necesidade de eliminar a discriminación racial, así como a súa prevención. As bases para poder participar nestes concursos pódense obter na Casa do Concello ou na sede electrónica da páxina web do Concello de Burela”.

No Concurso de Debuxo e Pintura haberá tres categorías: de 6 a 12 anos, de 12 a 18 anos, e maiores de 18 anos. Os menores terán que estar autorizados polo pai, nai ou titor. A técnica do debuxo é libre e a medida DIN A4. Cada persoa só poderá...

leer más
Etiquetas:
19/05/2018

A recén creada asociación "Hostelería de Barreiros" ven de lanzar o concurso #MarcaBarreiros nas súas redes sociais. Mediante este, o colectivo busca un lema co cal promocionar as opcións de ocio, recursos e oferta turística que ofrece o concello barreirense. O nome do concurso, #MarcaBarreiros é un xogo de palabras mediante o cal transmitir esa idea dunha "marca" de promoción, ao tempo que sirva para sinalizar Barreiros e referencialo, e tamén nun sentido máis emocional, da pegada que deixa a experiencia de vivir Barreiros.

As persoas en representación dos establecementos que integran este novo colectivo coinciden en que son moitas as opcións que ofrece o concello barreirense para as persoas que o visiten, máis alá dos xa tan coñecidos areais, pero que falta visibilizalas. Consideran que a imaxe e promoción do municipio debe pasar por...

leer más
06/11/2014
A concellería de Muller e Igualdade de Burela convoca o IV Concurso de Lemas e o VIII de Microrrelatos

 A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade convoca o IV Concurso de Lemas e o VIII Concurso de Microrrelatos con motivo da celebración o vindeiro 25 de novembro do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. A recepción de traballos remata o 19 deste mes.

O obxectivo do IV Concurso de Lemas é “transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da violencia contra as mulleres”, segundo explica Diana Durán. Nesta cita poderán participar todas as persoas empadroadas en Burela e cada unha pode enviar ata un máximo de 5 lemas, que deberá remitir á seguinte dirección de correo electrónico: cim@burela.org, indicando que é para o IV Concurso de Lemas e incluíndo o seu nome completo,...

leer más