Amarte

Etiquetas:
08/08/2021

Tirso Paz, de Barcelona, foi o  vencedor do V Certame de Pintura Mural Amarte, que se desenvolveu no muro do porto de Burela desde o pasado xoves, 5 de agosto. 

Coa súa obra Meiga do Mar, Tirso Paz levou o primeiro premio dotado con 1.500 euros. O segundo premio foi para Ana Repullo, de Barcelona, con Marineros que levou un premio de 750 euros. E o terceiro premio, dotado de 300 euros, foi para Martín Cal, da Coruña, con A nosa Burela.

A entrega de premios tivo lugar este mediodía. O Certame Amarte foi organizado pola Concellería de Cultura de Burela. 

 

Etiquetas:
05/08/2021

Este mediodía da comezo no porto de Burela a quinta edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte que se prolongará ata o vindeiro domingo, 8 de agosto, e no que participarán finalmente oito artistas que plasmarán nese lugar as súas creacións. Como actividades paralelas terán lugar un concurso de selfies e un obradoiro de graffitis para nenas e nenos a partir de 9 anos. Amarte coincide todos os anos coa Feira do Bonito, que de novo neste 2021 non se celebrará no seu formato habitual, pero desde hoxe vinte locais hostaleiros ofrecerán tapas, menús e racións elaborados con bonito de Burela. Ao longo destes días haberá ademais concertos de Luar na Lubre, Tribu Folk e Eladio y los Seres Queridos e tamén ofrecerá actuacións o Mago Antón.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “en Burela vamos a hacer desde hoy y hasta el...

leer más
Etiquetas:
19/07/2021

A Concellería de Cultura de Burela xa anunciou os nomes dos nove finalistas do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte 2021, que se celebrará no peirao burelés entre os días 5 e 8 de agosto. David Catá volverá ser este ano o presidente do xurado. En total foron presentadas 58 traballos, a cifra máis alta de todas as edicións.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, declarou que “queremos anunciar desde la Delegación de Cultura del Concello de Burela que ya tenemos a los nueve finalistas que este año competirán por ese primer premio de 1.500 euros en Amarte 2021. Para la selección de los finalistas hemos contado con la ayuda, la cual agradecemos, de Marcos Pereiro, ganador del certamen el primer año; Delio Rodríguez Sés, que llevó el tercer premio ese primer año; Guillermo Paz, ganador el año pasado junto con Diego Anido, que también...

leer más
Etiquetas:
05/06/2021

A Concellería de Cultura anunciou a apertura do prazo de presentación de bocetos para participar na quinta edición do Certame de Internacional de Pintura Mural Amarte, que se celebrará do 5 ao 8 de agosto. José Díaz reunirase a vindeira semana con responsables da Consellería de Cultura para establecer as actividades que poderán completar o programa e a posible axuda económica para o súa celebración.

O edil manifestou que “desde la Concellería de Cultura de Burela presentamos la puesta en marcha del V Certame de Pintura Mural Internacional Amarte. Este año vamos a por la quinta edición, que se celebrará entre los días 5 y 8 de agosto. Ya se pueden presentar los bocetos que quieran competir para llegar a la final, para ser uno de los nueve artistas que pinten, mandando un mail con el boceto y otros requerimientos que aparecen en las bases,...

leer más
Etiquetas:
02/08/2020

Diego Anido (Lugo) e Guillermo Paz (Málaga) coa obra Mar revolto foron os gañadores do 4º Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que se celebrou no muro do peirao de Burela desde o pasado xoves, 30 de xullo. O evento foi organizado pola Concellería de Cultura. 

Diego Anido e Guillermo Paz levaron o 1.500 euros do primeiro premio e tamén trofeo. Hipólito Xeada, de Alfoz, conseguiu o segundo premio por A mirada do mar e obtivo 750 euros máis trofeo. O terceiro premio foi para Martín Cal, de Ortigueira, coa obra O gardián do mar, que levou 300 euros máis trofeo. 

E o premio para o mellor artista local foi para Héctor Manasé, de Burela, con Arraigados, que recibiu 300 euros máis trofeo. 

Desde a Concellería de Cultural felicitan aos gañadores e aos nove participantes na cuarta edición...

leer más
Etiquetas:
30/07/2019

A praza de abastos de Lugo acolleu este mediodía a presentación da Feira do Bonito de Burela e de Produart, que se celebrarán a vindeira fin de semana. No acto interviñeron o alcalde burelés, Alfredo Llano, o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González, e a presidenta da Sociedade Cultural Ledicia, Rocío Rivera. Todos convidaron aos lugueses e luguesas a achegarse a Burela do 2 ao 4 de agosto.

O rexedor dixo que “dá gusto estar en Lugo e estar nesta praza tan bonita e tan preparada. Hoxe vimos presentar a Feira do Bonito, pero paseando pola praza puiden ver que hai moitas peixerías e aprecie que hai moito bonito de Burela. Queremos dar as grazas ao Concello de Lugo porque nos facilitou estar aquí”.

Alfredo Llano salientou que “Burela vai ser o epicentro das actividades esta fin de semana, imos ter a Feira...

leer más
Etiquetas:
09/05/2019

Do 1 de xuño ao 20 de xullo estará aberto o prazo de presentación de traballos á terceira edición de Amarte, o Certame Internacional de Pintura Mural que se desenvolverá do 1 ao 4 de agosto. o concelleiro de Cultura, José Díaz, lembra que a contía dos premios se incrementou nesta edición.

O edil burelés dixo que “este año celebraremos la tercera edición ya. El plazo para recibir las propuestas para pintar en el muro portuario empezará el día 1 de junio y acabará el 20 de julio”.

José Díaz explicou que “de todas las propuestas recibidas, como el formato de cada año, el jurado seleccionará a diez que serán las que concursen, entre el 1 y el 4 de agosto, pintando en el muro esas propuestas que previamente enviaron”.

O concelleiro de Cultura subliñou que “los premios este año los aumentamos...

leer más