Adri Pardo foi a gañadora da sétima e última edición do Certame de Pintura Mural Amarte, que se celebrou en Burela coincidindo coa Feira do Bonito.

Adri Pardo foi a gañadora da sétima e última edición do Certame de Pintura Mural Amarte, que se celebrou en Burela desde o pasado xoves coincidindo coa Feira do Bonito. A artista recibiu un premio de 1.200 euros. O segundo premio foi para a creación de David Catá, que foi premiado con 800 euros. E o terceiro premio, dotado con 600 euros, recibiuno Hipólito Xeada. 

Os outros seis artistas participantes non premiados recibiron 300 euros cada un e unha bolsa de produtos doada por O Almacén do Peixe. E todos foron agasallados cun trofeo do ceramista comarcal Alfonso Otero Regal. 

O xurado valorou moi positivamente a calidade dos traballos presentados tanto no concepto como na súa materializacións, quedando especialmente satisfeitos da admirable canteira de artistas mariñáns. 

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, agradeceu a participación dos artistas nesta última edición de Amarte, a do xurado e a do público asistente á entrega de premios, que tivo lugar este mediodía. No acto participaron a alcaldesa, Carmela López, o concelleiro de Mocidade, Mario Pillado, e a concelleira de Cultura, Lina Gómez.