Debuxo
Dende a Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración realizará unha serie de actividades de sensibilización para nenos e nenas e uns concursos de lemas e debuxo para conmemorar o Día internacional para a Eliminación da Discriminación Racial, que se celebra o vindeiro 21 de marzo.
A concelleira de Integración, Noelia Mª Ben, contou que “organizaremos unha nova edición da Ocainmigrante para o alumnado de 3º de Primaria dos Ceips municipais, Ceip Virxe do Carme e Ceip Vista Alegre, coa colaboración da aula de Medio Ambiente Gaia. Serán os días 23 e 24 de marzo. Con esta actividade preténdese sensibilizar aos máis novos sobre esta temática e ensinarlles a ver o mundo dende outra perspectiva, así como facelos conscientes das necesidades existentes no mundo que nos rodea. Mediante distintas probas van coñecendo aspectos como o racismo,...
leer másO venres 30 de Setembro de 16:00 a 20:00 horas terá lugar na Praza da Mariña, de Burela, un obradoiro de debuxo urbano para mozos e mozas a partir de 12 anos. Será impartido por Kiko da Silva, director de O Garaxe Hermético - Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración.
Dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre eles o de Burela, acollen esta actividade gratuíta de sensibilización ambiental.
Os interesados en participar deben anotarse chamando á Casa da Xuventude de Burela (teléfono 982.58.11.41). O prazo remata o 29 de setembro.
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca un certame de narración e debuxo para celebrar o Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Xela Arias. Os organizadores do concurso animan “aos máis cativos da casa a crear arte na nosa lingua”.
A temática do certame é libre, hai premios para os mellores traballos e divídense en catro categorías: ata 5 anos de idade, de 6 a 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos.
O prazo para entregar o traballos remata o 14 de maio.
Para organizar esta actividade a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.
A Biblioteca Pública Municipal “El Viejo Pancho”, de Ribadeo, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 na súa fase local.
Na cita poden participar todas as nenas e nenos con:
-A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 37 Convención sobre os Dereitos do Neno).”
-B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio), sobre o tema: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 37 Convención sobre os Dereitos do Neno.”
Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. No reverso de cada traballo irán escritos os...
leer másA Concellería de Cultura de Burela, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 na súa fase local.
Poderán participar todas as nenas e nenos do Concello de Burela con narracións en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural (Artigo 31 Convención sobre os Dereitos do Neno) .
Tamén poderán participar con debuxos feitos sobre cartulina cun tamaño aproximado de DIN A4 e coa mesma temáticas que as narracións.
Cada participante pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados , escritos a máquina ou a man. Neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Cada traballo acompañarase dunha folla co nome e os datos do autor ou autora....
leer másA biblioteca pública de Alfoz convoca os certames de narración e debuxo infantil para celebrar o Día das Letras Galegas 2021. Hai tres categorías: ata 8 anos; de 9 a 11 anos; e de 12 a 16 anos. O tema é “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural”.
Os traballos recolleranse na Biblioteca Pública de Alfoz ata o día 24 de maio e as bases están publicadas na páxina web do Concello.
A Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración convoca a sétima edición dos Concursos de Lemas e Debuxos e Pintura con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial que se celebra o 21 de marzo.
A edil Noelia Mª Ben explica que “os obxectivos destes certames son transmitir, a través de mensaxes curtas ou debuxos, a importancia da educación en igualdade e a necesidade de eliminar a discriminación racial, así como a súa prevención. As bases para poder participar nestes concursos están a disposición das persoas interesadas na sede electrónica do Concello de Burela”.
Os traballos terán que ser inéditos, o prazo de presentación remata un mes despois da publicación das bases no BOP de Lugo e poderán entregarse presencialmente no Rexistro Municipal ou a través de correo...
leer másO vindeiro domingo, 21 de marzo, conmemórase o Día Forestal Mundial, o Día da Árbore, unha data tradicionalmente marcada no calendario da delegación de Medio Ambiente coa programación de actividades que redundan na preservación da nosa contorna.
O Concello de Cervo, a pesar da situación excepcional que vivimos, quere seguir a carón da comunidade educativa, promovendo accións que redunden no coidado e na protección do Medio Ambiente. Deste xeito promove unha actividade didáctica dirixida ao alumnado de primaria do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz baixo o título: Unha árbore, un fogar. Trátase dun concurso de debuxo.
Desde o Concello indican que “unha árbore non é só unha planta tamén é o fogar de moitos seres vivos como: paxariños, que fan o niño na súa copa; insectos que viven no seu tronco, fungos que medran nas súas raíces ou...
O Concello de Barreiros pon en marcha un curso a distancia de debuxo e pintura dirixido ás nenas e nenos, mais tamén para persoas adultas, que será impartido polo acuarelista leonés Juan Ramón Alves.
A iniciativa partiu do propio artista, que ten vivenda en Barreiros, e que xa no verán pasado mostrara a súa obra no centro sociocultural barreirense. A proposta foi moi ben acollida polo executivo local, ao tratarse "dunha iniciativa de aprendizaxe e entretemento que nos fai chegar unha persoa con un alto coñecemento da técnica e que se presta a compartilo gratuitamente co conxunto da veciñanza."
"É un luxo poder contar coa colaboración totalmente desinteresada dunha persoa do nivel de Juan Ramón Alves para achegar as técnicas de debuxo e pintura ás veciñas e veciños", sinala a alcaldesa. Para Ana Ermida, este tipo...
leer másO Concello de Cervo convoca un concurso de debuxo infantil e xuvenil con motivo da celebración do Día do Libro.
O certame leva por título Debuxo do teu conto favorito e establece tres categorías: Infantil, para idades de 1 a 5-6 anos; Primaria, de 6 a 11-12 anos; e Xuvenil, de 12 a 17 anos.
Os participantes poderán enviar os seus traballos ao correo electrónico cervocultura@gmail.com ou ben ao whatsapp 691 656 600.
O prazo de presentación de obras remata o 12 de abril.