Esquí

Etiquetas:
31/01/2018

A Concellería de Deportes organiza unha viaxe á neve este domingo, 4 de febreiro, á estación de esquí de Leitariegos. O alcalde, Alfonso Fuente, comunica que aínda quedan prazas libres e anima a participar nesta actividade.

O rexedor barreirense lembrou que “o próximo domingo, día 4, dende a Concellería de Deportes faise unha viaxe á neve, unha visita a Leitariegos. Neste momento aínda nos queda algunha praza, polo tanto animar a toda aquela xente que queira participar nun día na neve a que se anoten”.

O alcalde puntualizou que “non é necesario ir esquiar, senón simplemente a pasar o día vendo unha estación de esquí, pasando un día en familia na neve”.
Alfonso Fuente Parga dixo que “os que queiran participar teñen que chamar ao Concello ou ao noso concelleiro ao teléfono 661 431 536”. 

 

Etiquetas:
16/03/2017

A Concellería de Xuventude organiza unha viaxe á estación de esquí Fuentes de Invierno en San Isidro (Asturias), para os días 1 e 2 de abril. Xa está aberto o prazo para anotarse, que rematará o día 28 de marzo.

O concelleiro, José Díaz, anunciou que “desde la Delegación de Xuventude organizamos un viaje a la nieve los días 1 y 2 de abril, a la estación de esquí Fuentes de Invierno en San Isidro, en Asturias”.

O edil socialista dixo que “nos parece que va a resultar muy atractivo para los jóvenes. En la Delegación de Xuventude tendrán prioridad aquellos que sean menores de 35 años, pero en caso de que no se rellene la inscripción, empezaría a entrar gente por encima de esa edad”.

O responsable de Xuventude detallou que “la salida sería el sábado 1 de abril por la mañana temprano en...

leer más