Cóctel

Etiquetas:
16/06/2023

O Ribadeo Indiano contará co seu propio cóctel. A súa elaboración saíu do obradoiro celebrado o pasado 5 de xuño. Concello e Acisa animan á hostalería local a involucrarse activamente no evento. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “xa estamos na conta atrás para o Ribadeo Indiano 2023 e queremos dirixirnos ás compañeiras e compañeiros dos bares, cafeterías, restaurantes e hoteis, da nosa vila para animalos a participar de forma activa neste importante evento. Gustaríanos que durante o Ribadeo Indiano e nos días previos ofrecesen pinchos, tapas ou racións (de balde ou de pago) así como menús especiais típicos da gastronomía de ultramar. E tamén os queremos animar e motivar para que amplíen a súa oferta de cócteles. Todo co obxectivo de que durante uns días nos traslademos ás Américas a través da decoración das rúas, da vila,...

leer más