Poesía

Etiquetas:
26/11/2022
Baixo o lema “O Outro Lado” de Xurxo Alonso acada o primeiro premio no XI Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.
 
Xurxo Alonso García (Buenos Aires, 1956), residente en Vilagarcía de Arousa álzase como gañador da XI edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, premio convocado polo Concello de Mondoñedo. Unha edición marcada polo gran número de participación de obras, preto de 100 orixinais recibidos. O traballo presentado pola gañadora, que obterá un premio de 1500 €, placa e diploma, ten como lema “O Outro Lado”. 
 
O segundo premio, dotado con 600 €, placa e diploma, recaeu na obra titulada Na ferradura interna do lóstrego da que é autor Tito Pérez Pérez (A Coruña, 1983).
María Soledad García Riveiro...
leer más
13/10/2022

O vindeiro domingo, 16 de outubro, ás 19.00 horas a Biblioteca Pública Municipal do Valadouro acolle o acto de divulgación literaria  “Estrelas no bico, na fronte un cantar”, protagonizado por Estibaliz Espinosa e acompañada ao piano por Juanma Varela. Este acto, inserido no programa da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia Ler Conta Moito consistirá nun recital de música, poesía e ciencia.

En palabras da propia Estibaliz que resume así a actividade: "Se cres que as ciencias e as letras son parte dun mesmo saber común, e que a música lévaas de perlas da man, este é un concerto de libro que anoa poesía e astronomía sen saírmos nin da Vía Láctea nin da galaxia Gütenberg nin da música das esferas."

Este evento será de acceso de balde no escenario do Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo.

 

09/08/2022

O vindeiro mércores, 17 de agosto, celebrarase en Ribadeo a presentación do libro Poesía en la tangente de Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo, ex presidente do Goberno de España e Marqués da Ría de Ribadeo.

O libro recompila poemas, ata agora inéditos, que Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo escribiu ao longo da súa vida, mesturando poesía satírica, amorosa e familiar que da a coñecer mellor a personalidade e o entorno desta importante figura política.

Na presentación intervirán: Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, Pedro Calvo-Sotelo, coeditor, Luisa Castro, escritora, Carlos Álvarez Lebredo, profesor de literatura e Darío Villanueva, da Real Academia Española.

Este acto terá lugar as 20:00 horas no Teatro de Ribadeo.

 

Etiquetas:
03/05/2022

O Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2022. Anunciouno o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

Nas bases do certame explícase que “o tema da poesía será A Paz e establécense tres categorías: A) ata 9 anos; B) de 10 a 14 anos; e C) máis de 14 anos. As obras, escritas en galego, serán presentadas de forma anónima, cos datos persoais do concursante (nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto) introducidos nun sobre, que levará na parte exterior a categoría á que pertence. Só se admitirá unha obra por participante. Establécese un premio para cada categoría, consistente en 50 euros e figura institucional”.

As obras presentaranse na Biblioteca Municipal de Lourenzá ata o venres 20 de maio. A Concellería de Cultura encargarase de nomear un...

leer más
Etiquetas:
19/03/2022

O Concello de Viveiro súmase ás celebracións do Día da Poesía, que se conmemora o próximo luns 21 de marzo. Deste modo, a concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Viveiro agasallarán a todos os usuarios/as da biblioteca cunha flor e un poema. 

Ademais, na biblioteca realizarase unha selección de poemarios dirixidos á mocidade e tamén aos adultos, para que aqueles lectores que desexen gozar da poesía poidan acceder a ela facilmente. 

Todas as persoas que retiren un libro na biblioteca durante a xornada do luns recibirán o agasallo mencionado ata finalizar existencias. Dende o Concello de Viveiro búscase impulsar a poesía entre a cidadanía, para que gocen con ela todos os días e, especialmente, o próximo luns.

 

Etiquetas:
15/03/2022

Para celebrar o Día Mundial da Poesía o próximo luns, 21 de marzo, o escritor Pablo Trabadelo estará en Burela presentando os seus libros Navalla e Jaloffeim, primeiro para o alumnado do IES Monte Castelo e despois diante do público xeral na sala de usos múltiples do IES Monte Castelo ás 18:30 horas.

O cartel desta actividade foi realizado pola ilustradora Elena San Segundo.

Etiquetas:
04/08/2021

Chega a Viveiro, da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a exposición “Xela Arias. A poesía do retrato”. A mostra poderá verse nos Xardíns Poeta Noriega Varela ata o 26 de agosto. 

Xela Arias. A poesía do retrato

A exposición para exteriores organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo “Xela Arias. A Poesía do retrato” recompila unha colección de textos poéticos da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90.

A mostra consta de 20 retratos en branco e negro que dialogan con cadanseu texto poético.  A colección de imaxes permítenos mergullarnos no universo máis íntimo da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, a través de fotografías que a retratan  posando con determinación e sen artificios...

leer más
Etiquetas:
06/04/2021

O Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo do Día das Letras Galegas.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “este concurso está dirixido a persoas de todas as idades, divididas en tres categorías: ata 9 anos, de 9 a 14 anos e máis de 14 anos. Establécese un premio para cada categoría, consistente en 50 euros e unha figura institucional”.

Manuel Arango engade que “o prazo de entrega dos traballos, que deben presentarse na biblioteca municipal, remata o 14 de maio. As bases do concurso aparecen colgadas na páxina web do Concello”.

 

Etiquetas:
15/03/2021

Convocado polos Concellos de Meira e Riotorto coa colaboración da Asociación Cultural “Avelino Díaz".

O Certame foi adiado sucesivamente á espera de que a situación sanitaria se normalizase, establecéndose o remate do prazo definitivo de presentación de orixinais para o 22 de maio de 2021.

Establécense 4 categorías: de 3 a 8 anos; de 9 a 12 anos; de 13 a 17 anos; e de 18 en diante. Os premios serán figuras conmemorativas, diplomas e material escolar para as tres primeiras categorías e no caso da de adultos haberá tamén premios en metálico. 
O fallo do xurado darase a coñecer a primeira semana de xuño 

Máis información en www.poetaavelinodiaz.gal

 

Etiquetas:
24/02/2020

A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 27 de febreiro a partir das 20:30 horas na libraría Bahía, de Foz, un espectáculo literario musical a cargo de Ricardo Seixo e o grupo Maraxe. O acto consistirá na lectura de poemas do volume Na República da Intimidade, libro de versos onde se aborda a sexualidade e a problemática de xénero e na actuación do grupo de musica tradicional Maraxe, que interpretará diversas pezas de carácter popular.

Segundo o autor “na República da Intimidade é un poemario diferente na súa traxectoria que tenta rachar barreiras nas relacións entre humanos, que quere pór luz en espazos en que é habitual que haxa sombras que busca dar pulo ao facho da igualdade e o respecto e que arela que sexamos quen de abrazarmos a liberdade núa, sempre disposta a facer camiño na procura da felicidade”. Nesta liña Seixo...

leer más