Narración
A Concellería de Cultura de Burela, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 na súa fase local.
Poderán participar todas as nenas e nenos do Concello de Burela con narracións en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural (Artigo 31 Convención sobre os Dereitos do Neno) .
Tamén poderán participar con debuxos feitos sobre cartulina cun tamaño aproximado de DIN A4 e coa mesma temáticas que as narracións.
Cada participante pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados , escritos a máquina ou a man. Neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Cada traballo acompañarase dunha folla co nome e os datos do autor ou autora....
leer másA biblioteca pública de Alfoz convoca os certames de narración e debuxo infantil para celebrar o Día das Letras Galegas 2021. Hai tres categorías: ata 8 anos; de 9 a 11 anos; e de 12 a 16 anos. O tema é “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural”.
Os traballos recolleranse na Biblioteca Pública de Alfoz ata o día 24 de maio e as bases están publicadas na páxina web do Concello.
Mondoñedo acollerá os próximos días 24, 25 e 26 a segunda edición de NOGA, Colectivo de Narración Oral Galega, que conta cun amplo programa de actividades tanto para os profesionais como para o público en xeral.
A apertura do encontro será ás 21.00 horas do día 24 no auditorio municipal Pascual Veiga; a entrada é libre, ata completar o aforo.A gala de apertura estará conducida por Carmen Conde.
Para o sábado, 25, o programa é o seguinte: de 10.00 a 11.30, haberá un obradoiro, titulado Falamos da voz, da man de Faia Díaz, cantante e historiadora da Arte; á mesma hora desenvolverase unha charla a cargo da xornalista Eva Mejuto, sobre Conto, igualdade e diversidade. De 11.30 a 12.30 Pablo Ángel Meira Cartea, profesor de Educación Ambiental na USC, exporá a ponencia O cambio climático non existe...É un conto. Despois...
leer másA Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo convoca a fase local do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2018. O prazo de presentación de traballos remata o 8 de maio.
Na modalidade de Narración os traballos presentados serán en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, e o tema proposto é Como cambiou o conto ou Como darlle a volta ao conto tradicional: O lobo e vexetariano?, Carrapuchiña feroz?, Cincento no canto de Cincenta?, Unha Bela que nunca dorme?.
No apartado de Debuxo terán que ser feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio) e tamén sobre o tema Como cambiou o conto ou Como darlle a volta ao conto tradicional.
Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man,...
leer más