O Concello de Burela convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 na súa fase local.

A Concellería de Cultura de Burela, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 na súa fase local.

Poderán participar todas as nenas e nenos do Concello de Burela con narracións en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural (Artigo 31 Convención sobre os Dereitos do Neno) .

Tamén poderán participar con debuxos feitos sobre cartulina cun tamaño aproximado de DIN A4 e coa mesma temáticas que as narracións.

Cada participante pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados , escritos a máquina ou a man. Neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Cada traballo acompañarase dunha folla co nome e os datos do autor ou autora.

A organización establece tres categorías: A , ata 8 anos; B de 9 a 11 anos; C de 12 a 16 anos. O prazo de presentación dos traballos rematará o 7 de maio ás 20 horas, debendo ser entregados na Biblioteca Municipal de Burela.

O fallo do xurado local farase público na segunda quincena de maio. Os traballos premiados nesta fase participarán na provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo.

Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, a cal se reserva o dereito de publicación dos mesmos. A participación neste Certame, supón a aceptación das presentes bases.