Bolechas

Etiquetas:
24/07/2019

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acollerá unha actividade de dinamización lingüística, que terá lugar este sábado, 27 de xullo, ás 12:00 horas.

Estará protagonizada por Os Bolechas e leva por título "Somos unha gran familia". Trátase dunha actividade participativa dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos e ás súas familias. A través do teatro e do xogo, os rapaces e rapazas coñecerán o léxico referido ás relacións de parentesco.

Incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021.

 

07/01/2019

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, está a desenvolver unha campaña para sensibilizar á comunidade infantil na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), e con este fin visitará cinco centros educativos lugueses ao longo desta semana.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta iniciativa, enmarcada na campaña xeral ‘O que se enchufa recíclase’ busca sensibilizar aos máis cativos na necesidade de realizar un tratamento axeitado deste tipo de residuos

A actividade desenvolverase no CEIP San Xoán de Becerreá e no CEIP Plurilingüe de Monterroso (día 8 de xaneiro); no CPI Ramón Piñeiro de Láncara (día 9 de xaneiro); e, finalmente, no CEIP Virxe do Carme de Burela e no CPR Pluringüe Martínez Otero de Foz (día 10 día de xaneiro)

... leer más
Etiquetas:
02/07/2018

Barreiros acolle o vindeiro domingo, 8 de xullo, unha actividade de promoción da lingua galega para a que contará coa presenza de Os Bolechas.

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, será escenario do espectáculo O Amigo Monte, de Os Bolechas a partir das 12:30 horas.

A actividade está incluída no programa de animación lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia. O Concello colabora con este acto. 

 

Etiquetas:
03/11/2017

Pasado mañá, 5 de novembro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, imos ter en Xove á familia animada máis famosa de Galicia Os Bolechas co espectáculo “De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas”. 

A actuación vai dirixida a todos os públicos, en especial a tódolos  nenos/as.

O espectáculo: Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e...

leer más
Etiquetas:
15/12/2016
A actuación de Os Bolechas será o colofón da programación de Nadal en Barreiros. Os famosos bonecos estarán no pavillón municipal de San Cosme o 7 de xaneiro.
 
A programación do Concello para este Nadal recolle ademais das tradicionais recepción a Papa Noel e a Cabalgata de Reis a actuación de Os Bolechas o 7 de xaneiro. As actividades foron presentadas hoxe polo alcalde, Alfonso Fuente, a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, e o concelleiro de Xuventude e Deportes, Adrián Blanco.
 
O rexedor anunciou que “hoxe presentamos aquí en Barreiros, acompañados da concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, e do concelleiro de Xuventude e Deportes, Adrián Blanco, as actividades que vai haber durante o Nadal para nenos e maiores. O venres, día 23, desde as catro e media ata as oito e media, haberá inchables e recepción por parte de Papa Noel. Haberá obradoiros e logo remataremos con churros e chocolate para todos os nenos e maiores que se queiran achegar...
leer más