Reciclaxe

07/01/2019

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, está a desenvolver unha campaña para sensibilizar á comunidade infantil na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), e con este fin visitará cinco centros educativos lugueses ao longo desta semana.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta iniciativa, enmarcada na campaña xeral ‘O que se enchufa recíclase’ busca sensibilizar aos máis cativos na necesidade de realizar un tratamento axeitado deste tipo de residuos

A actividade desenvolverase no CEIP San Xoán de Becerreá e no CEIP Plurilingüe de Monterroso (día 8 de xaneiro); no CPI Ramón Piñeiro de Láncara (día 9 de xaneiro); e, finalmente, no CEIP Virxe do Carme de Burela e no CPR Pluringüe Martínez Otero de Foz (día 10 día de xaneiro)

... leer más
Etiquetas:
20/08/2018

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Ecovidrio e o Concello de Mondoñedo colaborarán para concienciar á poboación sobre a necesidade de reciclar os envases de vidro con motivo da Volta Ciclista a España 2018, que este ano comezará unha das súas etapas desde o municipio lucense.   

Baixo o lema Recicla vidro e pedalea, a iniciativa pretende aproveitar o tirón e o reclamo que supón o paso deste evento deportivo por varias localidades de todo o país para sensibilizar no respecto ao medio ambiente a veciños e amantes do ciclismo, e implicalos á vez no obxectivo de incrementar as taxas actuais de recuperación destes residuos. 

Así o subliñou a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, que participou esta mañá na presentación da campaña en Mondoñedo xunto á...

leer más
Etiquetas:
04/10/2016
O curso 2016-2017 do taller de memoria organizado polo Concello de Lourenzá comezará o vindeiro 10 de outubro cunha charla sobre reciclaxe de residuos.
 
O curso 2016-2017 do taller de memoria que organiza a Concellería de Servizos Sociais comezará o vindeiro luns, día 10, cunha charla sobre reciclaxe de residuos.
 
A concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, anunciou hoxe que “todas aquelas persoas que desexen participar neste curso do taller de memoria poderán apuntarse ata o vindeiro luns, día 10 de outubro, nas oficinas do Centro Social do Torreón dos Frades en horario de 10:00 a 13:00 ou ben chamando ao teléfono 982.12.10.36. O curso comezará o próximo luns, día 10 de outubro, ás 17:00 horas no salón de actos do Concello, onde impartirá unha charla que leva por título Separemos ben, reciclaremos mellor e na que se abordarán temas relacionados coa reciclaxe e todos os asistentes recibirán un agasallo pola súa asistencia. Esta...
leer más
24/05/2016
O Armarinho da Fátima, en Burela, acolle ata o 10 de xuño unha exposición de Álex Landim Correia. Trátase dunha mostra de obxectos artísticos realizados con materiais de reciclaxe.
 
Desde a organización explican que “en continuidade coa colaboración que vimos mantendo con diferentes entidades sociais sen ánimo lucrativo, o local da mercería O ArMarinho da Fátima acolleu a inauguración dunha exposición de obxectos artísticos realizados con materiais de reciclaxe por Álex Landim Correia”.
 
Nacido na localidade da Calheta de São Miguel, na illa caboverdiana de Santiago, Álex Ladim Correia (31-08-1997) chegou a Burela no mes de setembro de 2014 e matriculouse no terceiro curso de ESO no IES Perdouro, desde onde iniciou un proceso de integración exemplar. Neste momento, ademais de traballar na súa propia obra de manualidades, combina os estudos do último curso de ESO coa dedicación á música, dentro da Banda Dambara...
leer más
Etiquetas:
25/03/2015
Este sábado, 28 de marzo, en Barreiros haberá unha campaña informativa sobre reciclaxe de residuos.
 
O Concello de Barreiros leva unha campaña de información sobre reciclaxe de residuos a Vilamartín Grande e a San Xusto este vindeiro sábado, día 28.
Co lema Separemos ben, reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. Recicla, a aula móbil desta campaña estará no local social de Vilamartín Grande de 16 a 17 horas e no local social de San Xurxo de 18 a 19 horas.
A campaña foi presentada este mediodía no Concello polo alcalde, Alfonso Fuente Parga, e polo concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, que animaron a participar na mesma aos veciños e veciñas desese lugares. 
 
Etiquetas:
12/12/2014
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá albergará o vindeiro martes unha charla  sobre reciclaxe e protección do medio ambiente.

 

O Concello de Lourenzá organiza para o vindeiro martes, 16 de decembro, unha charla sobre reciclaxe e protección do medio ambiente baixo o título Separemos ben, reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. A actividade levarase a cabo ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello e contará coa presenza de técnicos de SOGAMA. Con esta iniciativa o Concello espera concienciar aos veciños sobre como reciclar correctamente cada produto de cara ao aumento de consumo que traen consigo as compras de Nadal.

A alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, explicou que "a charla do mes de decembro será o vindeiro martes 16 ás 8 da tarde no salón de actos da Casa do Concello. A charla deste mes consideramos oportuno facela sobre a reciclaxe, posto que é un mes no que se incrementa...

leer más