Alfoz acollerá un obradoiro de reciclaxe de roupa. O 25 de outubro está prevista unha reunión informativa.

O vindeiro luns, 25 de outubro, ás 17:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz terá lugar unha reunión informativa sobre un obradoiro de reciclaxe de roupa que se vai desenvolver no municipio.

Serán 2 horas por semana (8 horas mes) e o custo mensual é de 30 euros (3,75 euros/hora). Desenvolverase en grupos reducidos, de cinco persoas.