Labrega

Etiquetas:
12/09/2016
Do 16 ao 18 de setembro terán lugar en Landrove (Viveiro) as I Olimpíadas Rurais e a II Festa Labrega.
 
O venres 16 de setembro comezará en Landrove-Viveiro a II Festa Labrega e as I Olimpíadas Rurais. Ás 21:00 horas procederase ao acendido da chama olímpica e terá lugar o desfile dos equipos participantes, ademais actuará o grupo folclórico Nova Semente de Celeiro.
 
O sábado 17 ás 9:00 comezarán as I Olimpíadas Rurais, ás 14:00 horas haberá sesión vermú co Trío CQC e ás 16:00 horas continuarán as Olimpíadas. A xornada concluirá coa Festa Labrega que principiará ás 21:00 horas, con cea labrega que inclúe cun cunca labrega, pan, caldo e cocido labrego. A venta anticipada dos tíckets ao prezo de 5 euros para os socios e 8 euros para os non socios, no número de teléfono 677 282 979. A festa estará amenizada polo Trío CQC e o Dúo D´Cine e...
leer más