Nordés Faladora

06/11/2022

A xornada dará comezo coa saída ao monte ás 8 mañá do vindeiro sábado, 12 de novembro. O punto de encontro será o aparcadoiro preto do cruce das Grañas do Sor coa estrada AC-101 Ortigueira-As Pontes. 

Recoméndase aos participantes levar cesta, navalla, roupa e calzado axeitados e tamén bebida e bocadillo. 

Xa ás oito da tarde terá lugar a presentación do libro “Setas do Ortegal”, de Xosé Luís Cuba Crespo. Será no centro social de Loiba. E a continuación haberá un taller de cociña ata as 22:30 horas con degustación de escabeche de níscalos con mexilóns e risotto de setas con chourizo ao galmasano galego. 

Os socios de Faladora poderá gozar de balde desta xornada. E os non socios farano pagando 20 euros. As inscrición poden facerse ata o 10 de novembro chamando por teléfono a Ricardo ao 653...

leer más
23/11/2015
O Museo Ortegalia acolle este venres, 27 de novembro, unha charla sobre "Narciso Luaces Pardo, o home e a súa obra".
 
O vindeiro venres, 27 de novembro, terá lugar no Museo Ortegalia unha conferencia impartida por X. Carlos Breixo que leva por título "Narciso Luaces Pardo, o home e a súa obra". Será a partir das oito da tarde, segundo informa a asociación Nordés Faladora. 
 
A actividade está enmarcada dentro do programa que OLD dedica a Narciso Luaces.