Emigración

Etiquetas:
01/01/2024

Trátase de "Textos e contextos da emigración do Valadouro en Cuba" escrito polo historiador Prudencio Viveiro Mogo.

A presentación será o 12 de xaneiro ás 20 horas na Casa da Cultura de Alfoz. 

Ofrece unha panorámica xeral da emigración do Valadouro e de Alfoz en Cuba, que xunta unha colección de textos fundamentais para documentar a presenza dos valadourenses na Habana. 

O Caderno nº 13 xa foi presentado o pasado 29 de decembro no Valadouro. 

Colabora a Concellerías de Cultura do Valadouro e de Alfoz.

Etiquetas:
26/07/2023

O Concello de Ourol presenta a exposición “O soño cubano da emigración galega”, cedida polo Consello da Cultura Galega con motivo da Ruta Indiana durante os días 3, 4, 5 e 6 de agosto no edificio multiusos.

A exposición poderá visitarse o 3 e o 4 de agosto entre as 11 e a 13 horas e de 17 e as 19 horas. Para o fin de semana, días 5 e 6 de agosto, o horario aumenta de 10 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas. A entrada é libre e gratuita.

A exposición trata de narrar e recrear as fases e facetas principais da epopea migratoria que tivo lugar en tantos lugares desta terra. Así pois, poderá coñecerse dende a chegada dos inmigrantes ata o seu retorno, pasando por asociacións que crearon. Tamén, existe o apartado da situación das mulleres inmigrantes así como publicacións e proxectos políticos para Galicia que...

leer más
Etiquetas:
07/07/2022

A emigración é a protagonista do mural que se pode ver xa na praciña da Fonte Nova, en Ribadeo. Estampas do retorno é un novo traballo do afamado artista de orixe ribadense Joseba Muruzábal. 

Ao acto de inauguración asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Medio Ambiente, Cultura e Turismo, Jorge Díaz, Pilar Otero e Pablo Vizoso, ademais do xerente de Acisa, Jesús Pérez. 

O mural é unha das actividades das vésperas do Ribadeo Indiano, que arrincará mañá, venres, e se prolongará ata o vindeiro domingo, 10 de xullo. 

Joseba Muruzábal, de nome artístico JOSEBA MP, é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e hoxe en día é un dos máximos expoñentes deste tipo de traballos artísticos e os seus deseños xa os hai en moitas vilas. En Ribadeo participou en tres...

leer más
Etiquetas:
24/10/2021

A asociación CULTURA DO PAÍS, (colectivo con base en Lugo que conta cun grupo activo de socios na comarca do Valadouro) organiza a presentación do libro Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana, de Prudencio Viveiro Mogo, publicado por Edicións Laiovento o pasado mes de setembro.

O acto terá lugar o vindeiro sábado, 30 de outubro, ás 19:00 horas, no Castelo do Castrodouro de Alfoz. Intervirán, amais do propio autor: Ruth Rodríguez Bermúdez (presidenta de Cultura do País), quen presentará o colectivo no municipio alfocés, pois é a primeira actividade que se desenvolve neste municipio, e a seguir o escritor alfocés Lionel Rexes presentará a Prudencio Viveiro.

Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana é un estudo sobre a sociedade de emigrantes “El Valle de Oro...

leer más
18/04/2021

O vindeiro venres, 23 de abril, ás 19:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal de Mondoñedo, na Praza Jaime Cabot, a proxección da curtametraxe “Mondoñedo” na que participa xente do concello e que conta a historia dunha muller nacida na emigración que volta a Mondoñedo a buscar as súas raíces. 

Para a asistir é preciso levar cascos para o audio. Vaise emitir a través dun sistema de son dixital innovador onde a son ten tanto peso coma a imaxe.

As persoas interesadas en asistir poden anotarse a partir de luns, día 19, no telefono 982 52.40.03, xa que o acto ten prazas limitadas. A actividade realizarase contemplando as medidas anti-covid 19 vixentes no momento actual.

A actividade está organizada polo Concello de Mondoñedo.

 

Etiquetas:
06/06/2016
Consello da Cultura Galega e Concello de Ribadeo levarán adiante o proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración. Aquelas persoas que teñan material no seu poder poden levalo á Oficina de Turismo.
 
O Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo da Emigración Galega, e o Concello levarán adiante o proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega, que foi presentado este mediodía no salón de plenos. 
 
A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, dixo que “qué mellor ocasión que iniciar esta campaña, de carácter permanente, no marco da terceira edición do Ribadeo Indiano. Non cabe dúbida que as e os ribadenses que un día decidiron partir da terra serviron de referente identitario aos seus descendentes e ao propio lugar de orixe. Moitos deles foron axentes de transformación política, económica e cultural da vila”.
 
... leer más
08/07/2015
Maletas de ida e volta
 
É duro, moi duro, ter que deixar aos teus, coller a maleta e uns cantos aforros, subirte a un barco e chegar a un país estraño a miles de quilómetros da túa xente, da túa familia, co único obxectivo de loitar, de traballar para ofrecerlles un futuro digno aos fillos nalgúns casos ou simplemente un cacho de pan que levarse á boca noutros. Foron moitos os nosos antepasados que decidiron dar ese paso a finais do século XIX ou mesmo a principios e mediados do XX. Uns fixeron fortuna e asentáronse en países coma Venezuela, Uruguai, Arxentina ou mesmo Cuba, pero non todos tiveron a mesma sorte. Os que puideron facelo volveron visitar os lugares que os viron nacer, as súas raíces e os lazos familiares que aínda seguen a ter nesta terra. Tamén os houbo que decidiron vir pasar os seus últimos días aquí para descansar a...
leer más