Proba

Etiquetas:
07/11/2023

O próximo 19 de novembro terá lugar a II Ruta BTT A.D. Augas Santas, unha proba non competitiva de bicicleta de montaña organizada pola Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros e que conta coa colaboración do Concello de Barreiros, da Área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e de varios patrocinadores máis.

O evento foi presentado este domingo coa presenza de Marta Castrillón, presidenta do clube organizador, Pablo Castrillón e Diego Carregal, membros da directiva, Dani García, deputado provincial e concelleiro de deportes do Concello de Barreiros, e ManuelOtero, xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia.

A proba contará cun percorrido de 34 km.e un desnivel positivo de 1100 m. Dentro das novidades deste ano engádese a opción de...

leer más
27/06/2022

A deputada Mónica Freire participou este mediodía na presentación da novena edición da Subida á Pontenova, que se disputará a vindeira fin de semana nas estradas do concello, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achega 7.000 euros á organización do evento, a cargo da Escudería APontenova.

A proba, que puntúa para o Campionato Galego de Montaña, conta con 4.8 quilómetros de percorrido pola estrada LU-P-4803,  que sae desde a zona do Camiño da Feira da Pontenova cara a Augaxosa (Riotorto). O trazado pasa polas parroquias de Vilameá, Rececende e Santo Estevo, con puntos especialmente atractivos como o paso polas curvas das Cruces e da Picota e por Vilar das Pedras. A organización ofrece servizo de transporte para facilitar a afeccionados e afeccionadas o desprazamento polo percorrido.

A Praza dos...

leer más
Etiquetas:
30/08/2019

O Concello de Cervo será o escenario da 1º Mini BTT Medela MTB o vindeiro domingo, 8 de setembro.

Este evento federado desenvolverase nun circuíto que foi deseñado e trazado pola organización no Monte de Lieiro, froito dun acordo coa Comunidade de Montes, propietaria dos terreos.

A cita deportiva, organizada polo Club Medela MTB, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, a edil de Educación, Dolores García Caramés, e por varios membros do ente organizador, David Riera, Víctor Riera e Diego Ballesteros; que estiveron acompañados polos pequenos que asisten cada día aos Enredos de Verán que tiveron a oportunidade de testar o circuíto, como unha actividade dentro deste programa de conciliación familiar deseñado polo Concello de Cervo para...

leer más
Etiquetas:
05/07/2019

Presentada na Casa da Xuventude, en Foz, a III Milla Campo da Cabana, que terá lugar o vindeiro 13 de xullo. Desde os máis pequenos/as, na categoría de pícaros, ata os máis veteranos/as, poderán participar na terceira edición deste evento deportivo. As inscricións están abertas en: sportmaniacs.com/
 
As distancias que cubrirá cada categoría serán:
 
Pícaros: 150m
Benxamíns: 600m
Alevíns: 900m
Infantís e cadetes: 1200m
Absolta: 1609,3m
 
Despois das probas haberá festa no Campo da Cabana, con rock e dj.
 
Asistiron á presentación Esme Koster e Marcos Loureiro, do Club Atletismo Ría de Foz, e a Concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez.

 

Etiquetas:
25/05/2017

Este domingo, 28 de maio, Burela acollerá a celebración do 1º Enduro MTB Monte Castelo, proba puntuable para o Open Galego de Enduro. Máis de 130 participantes se darán cita en Burela desde mañá para participar xa nos adestramentos oficiais. O evento foi presentado esta mañá no Concello e no acto estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, así coma membros da organización, o Club Cerezo Bikes. 

Jaime Seijas explicou que “a proba consiste basicamente nunha carreira que se fai de enduro, de bicicletas, na cal veñen facer unha competición por uns circuítos que hai no Monte Castelo, onde temos un total de catro. Os participantes teñen que subir ao Monte Castelo catro veces nuns tempos de enlace que hai, cuns tempos máximos, e as baixadas que son polos circuítos, son tramos cronometrados. O venres e o...

leer más