Proba

Etiquetas:
25/05/2017

Este domingo, 28 de maio, Burela acollerá a celebración do 1º Enduro MTB Monte Castelo, proba puntuable para o Open Galego de Enduro. Máis de 130 participantes se darán cita en Burela desde mañá para participar xa nos adestramentos oficiais. O evento foi presentado esta mañá no Concello e no acto estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, así coma membros da organización, o Club Cerezo Bikes. 

Jaime Seijas explicou que “a proba consiste basicamente nunha carreira que se fai de enduro, de bicicletas, na cal veñen facer unha competición por uns circuítos que hai no Monte Castelo, onde temos un total de catro. Os participantes teñen que subir ao Monte Castelo catro veces nuns tempos de enlace que hai, cuns tempos máximos, e as baixadas que son polos circuítos, son tramos cronometrados. O venres e o...

leer más