Celta

Etiquetas:
26/05/2022

Esta mañá tivo lugar no Concello de Barreiros a presentación do “Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá 2022”.  Ao acto acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Daniel García; o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta e membros das directivas dos equipos locais que colaboran co evento cedendo as súas instalacións.

O campus está dirixido a crianzas de 4 a 16 anos do municipio ou de fóra del que poderán mellorar a súa formación futbolísticas empregando metodoloxías lúdico-educativas de adestramento da canteira do RC Celta. Todo acompañado de aprendizaxes referentes á educación integral, aos valores de compañeirismo e superación.

O campus chega a Barreiros na semana do 1 ao 5 de agosto. Do 1 ao 3 no campo de As Valgas e do 4 ao 5 no campo O...

leer más
Etiquetas:
30/11/2021

O Concello de Foz, en colaboración coa ACIA-CCA, organiza unhas xornadas gastronómicas dedicadas ao porco celta do 4 ao 6 de decembro. Foron presentadas hoxe, martes, polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro de Turismo e Asuntos Económicos, Chema Linares; e o presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo. 

Na presentación anunciaron que “nesta xornadas, co lema Ponte… a gusto, durante a ponte da Constitución poderemos degustar diversos pratos e tapas baseadas no porco celta en diferentes establecementos hostaleiros de Foz. Animamos a todas e todos a acudir á vila e degustar un bo raxo, un churrasco e outras preparacións elaboradas con carne de porco celta”.

 

Etiquetas:
18/05/2017

Ribadeo acollerá do 26 ao 30 de xuño o II Campus da Fundación Celta de Vigo, que foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello. No acto participaron o coordinador de Escolas e Convenios da Fundación Celta, Diego García Sarabia, o concelleiro de Deportes, David Rivas, o técnico municipal de Deportes, Iván López, así como Juan Valle e Miguel Peña da SD Ribadeo. 

O edil nacionalista dixo que “desde o Concello queremos dar a benvida por segundo ano a este campus da Fundación Celta de Vigo. Sentímonos moi gratificados, despois de ser sede dun evento deste tipo, de que unha entidade como o Celta teña en conta Ribadeo para facer este tipo de actividades. Nosoutros somos un Concello que sempre presumimos de apostar polo deporte base, de que case o 70 por cento de nenas e nenos en idade escolar forman parte dalgunha escola deportiva, de...

leer más