O Concello de Foz organiza unhas xornadas gastronómicas do porco celta do 4 ao 6 de decembro.

O Concello de Foz, en colaboración coa ACIA-CCA, organiza unhas xornadas gastronómicas dedicadas ao porco celta do 4 ao 6 de decembro. Foron presentadas hoxe, martes, polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro de Turismo e Asuntos Económicos, Chema Linares; e o presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo. 

Na presentación anunciaron que “nesta xornadas, co lema Ponte… a gusto, durante a ponte da Constitución poderemos degustar diversos pratos e tapas baseadas no porco celta en diferentes establecementos hostaleiros de Foz. Animamos a todas e todos a acudir á vila e degustar un bo raxo, un churrasco e outras preparacións elaboradas con carne de porco celta”.