A III Milla Campo da Cabana celebrarase en Foz o 13 de xullo. Despois da proba haberá festa con rock e dj.

Presentada na Casa da Xuventude, en Foz, a III Milla Campo da Cabana, que terá lugar o vindeiro 13 de xullo. Desde os máis pequenos/as, na categoría de pícaros, ata os máis veteranos/as, poderán participar na terceira edición deste evento deportivo. As inscricións están abertas en: sportmaniacs.com/
 
As distancias que cubrirá cada categoría serán:
 
Pícaros: 150m
Benxamíns: 600m
Alevíns: 900m
Infantís e cadetes: 1200m
Absolta: 1609,3m
 
Despois das probas haberá festa no Campo da Cabana, con rock e dj.
 
Asistiron á presentación Esme Koster e Marcos Loureiro, do Club Atletismo Ría de Foz, e a Concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez.