Ciclismo
O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, presentou, xunto coa Alcaldesa de Viveiro en funcións, María Loureiro García, as actividades deportivas que terán lugar este sábado na vila mariñá. Unha data que reunirá a preto de 250 ciclistas, entre as categorías de base que compiten no 36º Gran Premio de San Roque, e os participantes da Copa de España de Ciclismo Adaptado. Durante a presentación estiveron acompañados por membros do Club Ciclista Viveiro, e pola ciclista Mila López Benet. Esta competición oficial consta de 9 probas puntuables, das que a de Viveiro é a terceira, sendo a primeira proba destas características que se celebra en Galicia.
Vidal Baamonde destacou “a importancia que ten o deporte inclusivo para a mellora da calidade de vida das persoas con capacidades diferentes. Ademais, ao xuntalo nunha mesma data,...
leer másO Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Deputado de Deportes, PabloRivera Capón, e a Concelleira de Cultura do Concello de Lugo, CarmenBasadre,presentaron a 5ª Edición do Desafío Volta a Lugo, unha carreira cicloturista por etapas de carácter non competitivo, que percorrerá 12 concellos da provincia durante os días 17, 18 e 19 de maio. No acto estiveron acompañados de José María Seijas, presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, organizadores da proba, e do exciclista Ezequiel Mosquera, que participará na segunda e terceira etapas.
Fernández Quipo explicou “172 corredores de toda España participarán durante a fin de semana nun percorrido no que descubrirán todo o que a Provincia ofrece, desde as montañas da Fonsagrada ata o interior da Mariña, ou a Terra Chá. Unha cita clave para dar a coñecer...
leer más