Volta

Etiquetas:
16/09/2025

Acia Foz-CCA sorteou hoxe 500 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole, que se desenvolveu do 29 de agosto ao 15 de setembro. 

Os números afortunados foron: 6798  entregado en Ártico; 16188 en Ofifoz; 22030 en Salai Campo; 17976 entregado en Lourdes Moda Íntima; 8150 en Ferretería Fuente; 32188 en Ofifoz; 20889 en Ana Fabeiro Arte Floral; 27989 en Fauna; 7932 en Electrodomésticos Celso Tien21; e 19241 en Mi Casa. Cada una das persoas agraciadas recibirá 50 euros en vales de compra. 

O sorteo tivo lugar en RadioFoz. Foi conducido por Anxo Rivas e contou coa presenza da xerente de Acia Foz-Foz, Ana Segade. 

AciaFozCCA contou para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz. 

 

Etiquetas:
03/09/2025

Acisa Ribadeo súmase á campaña Volta ao Cole – Bonos Deputación Lugo, posta en marcha pola Federación Galega de Comercio e a Deputación Provincial de Lugo, unha iniciativa que repartirá un total de 25.000 euros en premios entre a clientela que merque nos comercios de proximidade da provincia.

A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, destaca que “esta campaña chega nun momento clave. A volta ao cole é un dos períodos de maior consumo familiar do ano. Con esta acción, á que nos sumamos desde Acisa Ribadeo, queremos premiar ás persoas que confían no comercio de proximidade neste período ao tempo que reforzamos a economía local e provincial”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “entre o 1 e o 30 de setembro, todas aquelas persoas que realicen as súas compras no comercio local poderán rexistrar o seu...

leer más
Etiquetas:
02/09/2025

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; o deputado de Mocidade, Daniel García; e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida asistiron esta maña á presentación da 23ª Volta Ciclista a Galicia, que se celebrará do 11 ao 14 de setembro e que disputará a terceira etapa -o 13 de setembro – na comarca da Mariña. Barreiros será o epicentro deste etapa de 147 quilómetros, con saída e meta na Praza do Concello, en San Cosme, e paso por estradas de Ribadeo, A Pontenova, Riotorto e Trabada, con tres portos de segunda categoría -Augaxosa, Fórnea e Monte Comado- e outro de terceira categoría,Marco de Alvare.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa Federación Galega de Ciclismo na organización desta proba que “reúne aos mellores corredores das categorías Élite e Sub-23, que preparan o salto ao ciclismo profesional”.

... leer más
Etiquetas:
28/08/2025

Acia Foz-CCA sorteará 500 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole, que terá lugar entre o 29 de agosto  e o 15 de setembro. 

Aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros participarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. Serán 10 premios de 50 euros cada un. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 16 de setembro. 

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou que “deste xeito queremos premiar unha vez máis á fiel clientela do comercio de Foz, que para a volta ao cole aposta polos negocios locais. Nas librarías, nas tendas de deportes, nas de moda, nas de calzado… atoparán todo o que precisan para a chegada do outono e para o inicio do novo curso escolar. Mercando en Foz seguimos facendo pobo e ademais podemos levar un premio de 50 euros....

leer más
Etiquetas:
21/08/2025

O concello de Barreiros acollerá o sábado 13 de setembro a terceira etapa da 23ª Volta Ciclista a Galicia, unha das probas de referencia do calendario nacional para as categorías Élite e Sub-23, organizada pola Federación Galega de Ciclismo.

A etapa terá un percorrido de 147 quilómetros con saída ás 12:30 horas de diante da Casa do Concello e chegada prevista ao mesmo punto sobre as 16:00 horas. O trazado, que comeza en Barreiros, levará aos corredores a Ribadeo, A Pontenova, Riotorto e Trabada, antes de regresar de novo a Barreiros, nun traxecto esixente que contará con tres portos de 2ª categoría e un de 3ª.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, destaca a importancia deste evento deportivo: “é unha honra que Barreiros sexa escenario dunha etapa da Volta a Galicia. Este tipo de citas non só nos sitúan no mapa...

leer más
Etiquetas:
28/08/2024

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo arrinca o curso cunha nova campaña comercial para incentivar as vendas no comercio local durante a volta o cole, que se desenvolverá do 30 de agosto ao 15 de setembro. Acisa sorteará unha xoia exclusiva de Galería Terra Branca, un reloxo valorado en mais de 300 euros, cortesía de Joyería Azabache e 100 euros en vales de compra.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “iniciamos un novo curso e con el chega a campaña da volta o cole. Con ela, dende Acisa Ribadeo pretendemos incentivar a que as compras de cara o vindeiro curso académico se fagan no comercio local. Esta é unha época de grandes vendas: libros, material escolar, uniformes, calzado, roupa de outono-inverno.... toca retomar a vida normal e para elo temos que prepararnos cos mellores produtos. E a...

leer más
Etiquetas:
28/08/2024

Desde o CCH de Viveiro explican que “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para estas datas nas que as familias están a preparar a volta ó cole dos rapaces, e sortearemos 4 packs de material escolar”.

E indican que “o xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña, e subir os tickets de compra de calquera dos negocios asociados do 28 de agosto ó 9 de setembro de 2024 (ambos incluídos). Non hai importe mínimo para poder participar e o sorteo será o 10 de setembro de 2024 ás 16:00 horas a través da propia APP”.

Desde  o CCH de Viveiro engaden que “gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS e tamén avisaremos directamente ós gañadores para que poidan recoller os premios. Con esta...

leer más
Etiquetas:
28/08/2024

Do 29 de agosto ao 15 de setembro desenvolverase a campaña da Volta ao Cole de AciaFozCCA, na que se sortearán 500 euros en vales de compra. 

O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, subliña que “aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros, entre o 29 de agosto e o 15 de setembro, participarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. Serán 10 premios de 50 euros cada un”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 16 de setembro. 

Paleo indica que “deste xeito queremos premiar á fiel clientela do comercio de Foz, que para a volta ao cole volve confiar nos negocios locais  nos que atoparán todo o que precisan para a chegada do outono e para o inicio do novo curso escolar. Mercando en Foz seguimos facendo pobo e si ademais levamos un premio de 50 euros...

leer más
Etiquetas:
23/08/2024

AciaFozCCA sorteará 500 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole, que desenvolverá do 29 de agosto ao 15 de setembro. 

O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros participarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. Serán 10 premios de 50 euros cada un”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 16 de setembro. 

Paleo indica que “deste xeito queremos premiar á fiel clientela do comercio de Foz, que para a volta ao cole volve confiar nos negocios locais, nos que ten a carón da súa casa. Nas librarías, nas tendas de deportes, nas de moda, nas de calzado… atoparán todo o que precisan para a chegada do outono e para o inicio do novo curso escolar. Mercando en Foz seguimos facendo pobo e si...

leer más
Etiquetas:
24/08/2023

AciaFozCCA sorteará 1.000 euros en vales de compra coa súa campaña de Volta ao Cole. Será o 21 de setembro. Na presentación participaron o alcalde, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Alonso, e o presidente da asociación focense, José Carlos Paleo. 

Todas aquelas persoas que realicen as súas compras no comercio asociado entre o 25 de agosto e o 16 de setembro entrarán no sorteo de 1.000 euros en vales de compra, repartidos en cinco premios de 100 euros e dez premios de 50 euros.  Os gañadores dos vales  coñeceranse no sorteo que terá lugar o 21 de setembro a través de RadioFoz. 

Desde AciaFozCCA o seu presidente, José Carlos Paleo, subliña que “no comercio de Foz podemos atopar todo o necesario para a volta ao cole: moda, calzado, material escolar, roupa deportiva, uniformes... así como todos artigos da...

leer más