Volta

Etiquetas:
25/05/2017

A Volta ás Comarcas de Lugo 2017, Desafío Volta Lugo, arranca este venres con 176 participantes inscritos e o patrocinio principal do organismo provincial. O Goberno da Deputación decidiu realizar unha achega de 65.000 euros para a celebración desta cita deportiva como dinamizadora da economía lucense, posto que terá un retorno económico aproximado de 100.000 euros para a provincia, así como pola oportunidade única que supón para promover turisticamente cada un dos 13 Concellos polos que discorre: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, OCádavo, Castroverde, O Corgo, Láncara e Guntín.

O Desafío Volta Lugo é unha das citas máis agardadas da tempada posto que se trata da única volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia, e unha das poucas que se celebran a nivel nacional....

leer más
Etiquetas:
07/04/2017

O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde do Concello de A Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Múñiz Nieto, e o Presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, José María Seijas Fernández, presentaron este xoves a III edición da Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo. Fixérono acompañados polo exciclista profesional Ezequiel Mosquera Míguez, na Praza dos Fornos de A Pontenova, lugar de saída da segunda etapa deste desafío cicloturista.

O organismo provincial é o principal patrocinador desta proba deportiva,consolidada como a única Volta Cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia, pois achega 65.000 euros para a súa celebración, promovendo deste xeito o deporte na provincia de Lugo e dando...

leer más
Etiquetas:
22/08/2016
O 24 de agosto haberá restricións no tráfico a mediodía en varías rúas de Ribadeo por mor do paso da Vuelta Ciclista a España.
 
A quinta etapa da Vuelta Ciclista a España pasará polas principais rúas de Ribadeo este mércores, 24 de agosto. Por este motivo haberá restricións no tráfico rodado entre as 13:30 e as 15:30 horas, segundo comentou no día de hoxe o alcalde, Fernando Suárez. 
 
O rexedor dixo que “para esta quinta etapa da volta ciclista, entre Viveiro e Lugo, que vai pasar tamén por Ribadeo, desde o Concello quixemos que o fixera polo centro da vila. E iso se cadra é importante, é moi vistoso, pero vai traer tamén unha serie de restricións no tráfico e no acceso ás rúas principais, dado que o pelotón entra pola avenida da Ría de Ribadeo e logo vai por toda a travesía (avenida de Galicia, de Asturias, etcétera), polo que desde as 13:30 horas ata as 15...
leer más
Etiquetas:
17/08/2016
A Volta Ciclista a España cruzará Burela o vindeiro 24 de agosto a partir das 13:30 horas. Entrará na vila pola estrada provincial que une a localidade con San Ciprián.
 
A Volta Ciclista a España cruzará toda a vila o vindeiro día 24. O horario previsto é para as 13:30 horas e entrará en Burela pola estrada de San Ciprián.
 
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, dixo que “a etapa vai comezar en Viveiro e vai cruzar moitos concellos da Mariña”.
 
O rexedor burelés asegurou: “estou moi satisfeito como alcalde de Burela porque a nosa reclamación foi desde un principio que a Volta pasase pola nosa vila xa que sabíamos que ía pasar pola Mariña. Queríamos que cruzase o noso concello e a nosa vila. Ademais logramos que sexa por unha zona cun percorrido que vai favorecer moito á espectacularidade da Volta”.
... leer más
Etiquetas:
25/05/2016
A Deputación de Lugo promociona A Mariña colaborando coa saída da Volta a España desde Viveiro. Será o 24 de agosto.
 
O Presidente, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro,María Loureiro, o Director de la Vuelta Ciclista a España 2016, Javier Guillen, e a Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentaron este mércores a 5ª etapa desta proba deportiva que ten como saída o concello de Viveiro. O 24 de agosto terá lugar a saídaneutralizada ás 13:10 horas dende o camping de Viveiro, e percorrerálugares emblemáticos da provincia como Cervo, Burela, Foz, Ribadeo, Trabada, e a capital da provincia Lugo, que acolle a chegadadesta etapa.
 
O Presidente sinalou que oorganismo provincial colabora neste evento deportivo cunha aportación económica de 55.000 euros, remarcou que esta cifra “é un investimento para promocionar a Comarca da Mariña de Lugo”....
leer más