Acia Burela lanza a campaña de volta ao cole cun concurso en liña e 300 euros en vales de compra.

A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza a campaña de volta ao cole co sorteo de seis vales de compra cun importe de 50 euros cada un entre os compradores das tendas asociadas a ACIA Burela que acumulen máis de 10 euros nas súas compras.

A entidade empresarial quere promover e impulsar as compras das familias para o regreso á escola dos máis cativos e cativas nos establecementos de proximidade polo que premiará a fidelidade da clientela co sorteo de seis vales de compra por un importe de 50 euros cada un realizarase entre as compras de mínimo 10 euros realizadas entre o 30 de agosto e o 17 de setembro. Para participar no sorteo é preciso cubrir unhas papeletas que teñen á súa disposición nos establecementos participantes. O sorteo realizarase o vindeiro 21 de setembro e deseguido publicaranse os nomes dos gañadores nas redes sociais da asociación e os premiados poderanos gastar nas tendas asociadas.

Nos comercios locais de Burela tes todo o necesario para a volta á escola polo que dende a directiva de ACIA animan a veciñanza a mercar na vila e participar no sorteo desta iniciativa.