A Volta Ciclista a España pasará por Burela o 6 de setembro. A discorrerá entre Mondoñedo e Estaca de Bares.

O alcalde, Alfredo Llano, amósase satisfeito tras coñecer que a Volta Ciclista a España pasará o 6 de setembro por Burela. Trátase dunha etapa longa, de 179 quilómetros, que sae de Mondoñedo e remata en Estaca de Bares.

O rexedor burelés salienta que “hoxe tivemos a noticia, creo que moi interesante con respecto ao deporte, de que o próximo 6 de setembro vai pasar a Volta Ciclista a España polo noso concello, vai cruzar por Arcadio Pardiñas”.

Alfredo Llano lembrou que “é un tema do que xa tíñamos falado en Fitur este ano. Xa daquela ían tratar de que pasase polo noso concello, e agora acaban de confirmalo para o día 6 de setembro”.

O alcalde explicou que “é unha etapa longa de 179 quilómetros que remata en Estaca de Bares, e que comeza en Mondoñedo”.

Llano subliñou que “é unha boa noticia e os afeccionados ao ciclismo xa teñen un motivo para vir ese día a Burela.