AciaFozCCA sorteará 1.000 euros en vales de compra na súa campaña de Volta ao Cole. Será o 21 de setembro.

AciaFozCCA sorteará 1.000 euros en vales de compra coa súa campaña de Volta ao Cole. Será o 21 de setembro. Na presentación participaron o alcalde, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Alonso, e o presidente da asociación focense, José Carlos Paleo. 

Todas aquelas persoas que realicen as súas compras no comercio asociado entre o 25 de agosto e o 16 de setembro entrarán no sorteo de 1.000 euros en vales de compra, repartidos en cinco premios de 100 euros e dez premios de 50 euros.  Os gañadores dos vales  coñeceranse no sorteo que terá lugar o 21 de setembro a través de RadioFoz. 

Desde AciaFozCCA o seu presidente, José Carlos Paleo, subliña que “no comercio de Foz podemos atopar todo o necesario para a volta ao cole: moda, calzado, material escolar, roupa deportiva, uniformes... así como todos artigos da nova tempada outono-inverno para toda a familia, que xa nestes días podemos ver en moitos escaparates”. 

AciaFozCCA organiza a campaña de Volta ao Cole coa que colaboran a Xunta de Galicia e o Concello de Foz.