San Xoán e San Pedro
O Departamento de Agricultura, Gandería e Montes do Concello de Xove informa da apertura do prazo para a comunicación das tradicionais fogueiras de San Xoán e San Pedro.
No caso das fogueiras de San Xoán, o prazo permanecerá aberto dende o 1 ata o 19 de xuño, mentres que para as fogueiras de San Pedro o período de comunicación será dende o 1 ata o 25 de xuño.
Dende o Concello de Xove “quérese contribuír a manter viva unha das tradicións máis arraigadas da nosa cultura popular, unhas celebracións nas que o lume cobra especial protagonismo. Pero, ao mesmo tempo, recórdase á veciñanza que nesta época do ano os permisos ordinarios de queima atópanse suspendidos e que a situación climatolóxica actual supón un risco elevado de incendios forestais. Por este motivo, faise un chamamento á responsabilidade e ao cumprimento...
leer más



