Candaoso

04/07/2019

Este fin de semana, días 6 e 7 de xullo, celébrase a rapa das bestas, declarada de interese turístico, do curro de Candaoso nos montes de Buio e Lerín, en Boimente (Viveiro).

O sábado 6 ás 20:00 horas haberá unha degustación gratuíta de chourizos e minihamburguesas  de poldro, cortesía de PURAGA. Á noite terá lugar a verbena amenizada polo grupo Fenix e a disco móbil Decibelios.

O domingo 7 ás 10:00 horas terá lugar a baixada do gando e peche do curro. Ás 12:00 h haberá unha degustación gratuíta de chourizos e minihamburguesas de poldro, e ao mediodía celebrarase unha sesión vermú co grupo Fenix. Entre as 15:30 e as 17:00 h., faranse as inscricións no circuíto das carreiras, e ás 17:30 h. darán comezo as carreiras e competicións. Ao finalizar as probas será a entrega de premios no campo da festa.

... leer más