Os Muíños

25/04/2024

A asociación Barrio dos Muíños, de Mondoñedo, organiza unha comida popular para o día 26 de maio, domingo. Haberá carpa e sesión vermú, amenizada por Eventec Discomovil.

A organización explica que será “un convivio das xentes do barrio dos Muíños. Queremos principalmente contribuír a un reencontro de toda esta veciñanza. Animádevos todos: os socios e socias, veciños, veciñas e persoas que nos apoiades para facer mellor este barrio, que é de todos, das xentes de aquí e de acolá”.

A venda de tickets para participar farase ata o día 20 de maio.

21/07/2023

 

O barrio dos Muíños celebrará as festas do Santiago o 23, 24 e 25 de xullo. Están organizadas pola asociación Barrio dos Muíños e conta coa colaboración de A Taberna do Valeco. A festa dará comezo o domingo 23 cunha sesión vermú á 13.30 horas e unha verbena ás 21.30 horas, ambas actuacións da man do Dúo Belinda.

Posteriormente, o luns 24 ás 22.30 horas continuará a festa coa verbena a cargo do Trío Zafiro seguida da discomóvil Eventec. Finalmente, o 25 de xullo comezará cunha misa solemne e unha procesión na honra de Santiago. O broche que pecha as festas será unha sesión vermú co DÚO EPO-K.