Lectura
O espectáculo Cine Marabillas, de Raquel Queizás, presentarase en Alfoz o 28 de xaneiro, sábado, ás 18:30 horas. Será no salón de actos da Casa da Cultura.
É unha actividade organizada polo Concello de Alfoz, que anuncia: “Ver para Ler. Vide descubrir a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil. Gozaremos durante 50 minutos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo é facerlles ver as crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará a aventura, o humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema...
leer másLibraría Bahía de Foz organiza o club de lectura A Carón dos Libros que comezará a funcionar no mes de marzo.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse na propia Libraría Bahía, na Avenida A Mariña, 40. A cota será de 10 euros mensuais cos que se pretenden sufragar parcialmente as actividades que se desenvolvan.
Este club de lectura estará dirixido por María Liñeira, doutora en Filoloxía con experiencia docente na universidade, con quen se celebrarán reunións mensuais para comentar os libros recomendados. Ademais realizaranse actividades complementarias, como a visita de autores e autoras ou encontros con outros clubs de lectura.
As actividades deste club darán comezo o 3 de marzo ás oito e media da tarde co libro Azucre de Bibiana Candia, autora que probablemente participe...
leer másA área de Muller e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro poñen en marcha un Club de Lectura ‘En Feminino’, pero aberto ao público en xeral sempre que sexan persoas maiores de idade e ata un máximo de 15.
O club realizarase de maneira telemática por zoom e con reunións presenciais puntuais, dando comezo o día 23 de febreiro para conmemorar o Día de Rosalía.
Celebraranse dúas sesións por mes, desde febreiro ata xuño, cunha duración de dúas horas cada unha e impartidas por Estíbaliz Veiga, actriz e pedagoga teatral.
“Encadramos esta iniciativa dentro das actividades programadas para o 8 de marzo; ademais, formamos parte da rede de Bibliotecas en Igualdade para recuperar os textos de mulleres escritoras e darlles o lugar na historia que se merecen por dereito”, explica a...
leer másO xoves, 7 de outubro, o Club de Lectura da Biblioteca Pública de Alfoz reanuda as súas xuntanzas en torno a un libro que se elixe entre todos os integrantes e que se vai alternado entre obras en castelán e galego.
As persoas interesadas en inscribirse poden informarse no teléfono do Concello de Alfoz 982 558 001 (extensión 2) posto que antes do comezo de cada novo libro se poderán incorporar novos membros.
As reunións son os xoves, cada quince días, ás 19:00 horas e teñen unha duración aproximada de 1 hora. Fálase do libro e con esa escusa de moitos outros temas aos que nos leva a súa lectura, as personaxes, a historia ou o lugar onde se desenvolve.
Comeza cada lectura investigando sobre o autor ou autora e a obra, a cal se lee en varias partes que se tratan en cada reunión. Ao remate...
leer másO Concello de Viveiro pon en marcha a iniciativa “Voces para Rosalía” con motivo do día da escritora, Rosalía de Castro, que se celebra o vindeiro 24 de febreiro. A proposta, impulsada dende a Concellería de Cultura, pretende sacar á rúa os poemas da escritora e dar a coñecer a súa ampla traxectoria literaria.
A acción anima á veciñanza de todas as idades a poñerlle voz a un poema de Rosalía de Castro. As persoas que desexen participar, poden inscribirse no teléfono 676 877799 ou na páxina de facebook da Programación Cultural de Viveiro antes do 20 de febreiro.
Deste modo, unha vez recibidas as propostas das persoas interesadas, o Concello de Viveiro enviará un poema a cada participante, quen deberá gravarse lendo o texto. O Concello compilará e editará todo o material recibido e publicará os vídeos para...
leer más