Obra

Etiquetas:
10/11/2020

Continúa a programación de teatro no Concello de Foz. A Concellería de Cultura, en colaboración coa Deputación de Lugo, pon en escena este venres ás 20.30 na Sala Bahía a obra Cinco minutos sen respirar, da compañía Ítaca Teatro.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “é unha obra que retrata os desexos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dúas personaxes: Margarita, unha (ex) empregada de banca; e Víctor, un supervisor de supermercado”.

Con esta obra o Concello de Foz sigue co programa Foz fai Cultura, que busca, malia as circunstancias adversas e a crise sanitaria que estamos a vivir, seguir achegando a cultura de forma segura.

O prezo desta actividade será de 5 euros. Seguiranse todas as medidas anticovid e as entradas reserváranse no número...

leer más
Etiquetas:
21/10/2020

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá este sábado, 24 de outubro ás 20:30 horas a representación Liberto a cargo de Marela Producións.

A obra conta a historia de Liberto, quen cando nace, frea en seco a vida de Ada. É un canto á vida desde a primeira persoa, interpelando directamente ao público. Unha reivindicación do imperfecto, do humano cun texto e unha proposta formal que falan da vida, do sensorial e instintivo. Un espectáculo que revisa os límites socialmente acordados e un relato de como xestionar a dor e seguir avanzando.

Baixo a dirección e adaptación de Tamara Canosa, o elenco está integrado por Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao.

A reserva de entradas pode facerse de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas, no teléfono 982 560 162 ou no correo electrónico...

leer más
Etiquetas:
21/10/2020

A compañía Señora Supina representará a obra 5 mulleres que comen tortilla na Sala Bahía, de Foz, este venres, día 23, ás 21:00 horas dentro da programación do Ciclo de Teatro de Outono que organiza o Departamento de Cultura do Concello focense.
Esta obra de teatro comedia, cunha duración de 80 minutos, será representada polo seguinte elenco artístico: Nola Drake, Raquel Ferraz, Alba Outeda, Raquel Crespo e Gabi Modesto.

5 mulleres que comen tortilla é “unha comedia delirante e enxeñosa que transporta ao espectador á América dos anos 50, grazas ao humor e a unha coidada posta en escena totalmente inmersiva. Un búnker esmeradamente decorado no que se integra ao público desde que entran pola porta asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B....

leer más
04/10/2019

O grupo teatral O Centiño de San Martiño actuará este sábado, 5 de outubro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.

O Centiño porá en escena El Guindilla, a historia dun superhéroe amante de facer xustiza e axudar aos débiles e oprimidos. El Guindilla é tamén un héroe fallón e metepatas que tan pronto as dá como as recibe. Os espectadores poderán ademais visitar os estudos de televisión de Teleparrucha, cantar as cancións de Jacky e Pinky e rirse coas pallasadas dos ladróns Triquiñuela e Carajillo.

 

Etiquetas:
27/03/2019

O grupo de teatro Andanzas de Viveiro actuará este sábado, 30 de marzo, en San Ciprián. A representación terá lugar na Casa da Cultura, a partires das 20:00 horas.

Andanzas porá en escena El caso de la mujer asesinadita, obra de Miguel Mihura e Álvaro de Laiglesia, que narra a historia de Mercedes, quen un día ten un soño no que un matrimonio irrompe na súa casa, acompañado dun indio sioux. No diálogo que se establece, o matrimonio recoñece ter asasinado a anterior esposa do home. Ao espertar, Mercedes dáse conta que o home casado do soño non é outro que o seu propio marido.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo.

Etiquetas:
01/02/2018

A antiga escola de Fazouro acolle este sábado, día 3, ás 20:00 horas unha representación teatral a cargo do grupo O Centiño, de San Martiño, que ofrecerá a obra titulada Zume de Amorodios. A entrada é gratuíta.

Esta actividade, que forma parte do ciclo de teatro afeccionado nas parroquias, está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e agrupación A Adala, de Fazouro.

 

Etiquetas:
25/10/2016
O programa Buxiganga da Área de Cultura da Deputación de Lugo chega o 29 de outubro ao Valadouro. Alí terá lugar a representación de "As trece rosas".
 
A  Deputación Provincial de Lugo dentro da súa Área de Cultura achega ao salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro, unha vez máis, dentro do programa de Buxiganga de Teatro afecionado, unha actuación co grupo de teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla e a obra "As Trece Rosas" o vindeiro sábado, 29 de outubro, ás 20:00horas e con entrada de balde.
 
O grupo de teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla xurdiu como unha actividade máis da Biblioteca, dentro das programadas como animación á lectura, co fin de que a biblioteca se convertise nun centro de socialización e convivencia de persoas de diferentes idades e formación cultural.
 
... leer más
Etiquetas:
28/03/2016
Mofa&Befa porán en escena este sábado, 2 de abril, en Viveiro a obra "Bobas&Galegas", con Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo.
 
Este sábado, 2 de abril, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro  Mofa&Befa no Século d´Ouro porá en escena a obra Bobas &Galegas a partir das oito e media da tarde.
 
Esta comedia, da que é autor e director Quico Cadaval, está interpretada por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.
 
Mofa&Befa foron detidos o ano pasado en Almagro tras inflinxir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare. Postos en liberdade por un erro xudicial, saen da cárcere onde os recluíra a crítica e regresan a Almagro para saciar a súa sede de vinganza. ¿Quén é a víctima? O inocente teatro clásico español.