Tarde de teatro o 24 de outubro no Pastor Díaz, en Viveiro, con Marela Producións e "Liberto". As entradas pódense reservar.

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá este sábado, 24 de outubro ás 20:30 horas a representación Liberto a cargo de Marela Producións.

A obra conta a historia de Liberto, quen cando nace, frea en seco a vida de Ada. É un canto á vida desde a primeira persoa, interpelando directamente ao público. Unha reivindicación do imperfecto, do humano cun texto e unha proposta formal que falan da vida, do sensorial e instintivo. Un espectáculo que revisa os límites socialmente acordados e un relato de como xestionar a dor e seguir avanzando.

Baixo a dirección e adaptación de Tamara Canosa, o elenco está integrado por Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao.

A reserva de entradas pode facerse de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas, no teléfono 982 560 162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es.