Gratis
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza un curso gratuíto sobre o certificado dixital. A inscrición poderase facer ao longo de toda a vindeira semana, do 14 ao 18 de febreiro, nos teléfonos 982 120 732 e 982 129 889 ou no correo cemit.ribadeo@xunta.gal.
O curso, totalmente práctico e dirixido a adultos, impartirase en varios grupos reducidos: Grupo1, os días 22 e 25 de febreiro; Grupo 2, os días 1 e 4 de marzo; e Grupo 3, os días 8 e 11 de marzo. O horario será de 12:00 a 13:00 horas.
A actividade explicará todo o proceso para obter o certificado dixital, como pedir a correspondente cita para acreditar a identidade de cada persoa, a súa posterior instalación, exportación, instalación do certificado nos móbiles, firma de ficheiros e o seu uso en diferentes webs....
leer másO Concello de Burela presentou hoxe novas actividades gratuítas das que poderán gozar a veciñanza e os visitantes durante o verán. Os martes de xullo e agosto, na praza do Concello, haberá cardio-fit ás oito e media da tarde. Ademais os días 17 de xullo, 21 de agosto e 4 de setembro terán lugar rutas de sendeirismo pola vila.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, anunciou que “desde a Delegación de Turismo seguimos completando as actividades que imos ter durante o verán. Como xa dixen en anteriores ocasións, entendemos que este verán vai ser turisticamente bo, que a xente quere saír, quere visitar A Mariña e nosoutros en Burela imos propoñerlles actividades para que poidan realizar aquí durante a época estival. Nos meses de xullo e agosto, os martes na praza do Concello ás oito e media da tarde teremos unha actividade de cardio-fit...
leer másDesde Centro Comercial Histórico de Viveiro explican que “neste mes de marzo puxéronse en marcha varias iniciativas dende o CCHV. Iniciamos o mes coa campaña de Fora Stocks, cun resultado de ventas extraordinario, continuamos co sorteo de 1.500€ en premios na campaña do Dia do Pai, cun éxito de participación moi elevado, e finalizamos cunha campaña posta en marcha fai uns días na que os envíos realizados nos meses de marzo, abril e maio, tanto á Mariña como a Ortegal serán gratuítos”.
E engaden: “pretendemos con esta iniciativa facilitar as compras de tódolos clientes, que por un motivo ou outro non se poden achegar a Viveiro a mercar, ou simplemente por comodidade. Por un lado está enfocado á venta a través das redes sociais ou as webs, se un cliente ve algo que quere mercar nalgunha das redes dos negocios asociados o envío sairalle gratuíto. Por outro lado, está enfocado a...
leer másO Concello de O Vicedo programa para esta semana varias actividades culturais que comezan este xoves, 1 de outubro, ás 16:30 horas na Casa da Cultura, coa actuación de Larraitz Urruzola que presenta A festa dos monicreques.
Conta a historia dona Barriga Verde, unha pícara pandereteira, que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás, vence ao medo e ás inxustizas defendendo a súa integridade e amor propio fronte aos monstruos, ao amor, á morte e ata ao mismísimo demo.
O sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas tamén na Casa da Cultura, Expresión Produccións representa Que é o que preciso?. A obra, unha comedia de enredo, é para todos os públicos.
En ambos espectáculos a entrada é de balde e respectaranse as normas de prevención do Covid-19. As butacas están numeradas e serán asignadas a...
leer másAlfoz acolle o sábado, 12 de setembro, a obra teatral Relatos negros, de Manuel Maquiña e dirixida por Darío Autrán.
A cita terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura as 20.00 horas e a entrada será gratuíta cun aforo limitado a 50 persoas. As entradas poderán recollerse no Concello ata o 11 de setembro. En caso de quedar algunha localidade dispoñible o sábado, as entradas poderán recollerse antes da función na entrada da Casa da Cultura.
Dende o Concello recordan que é obrigatorio cumprir coas normas de hixiene e seguridade vixente e será necesario o uso da máscara durante todo o evento.
Organizan: Concello de Alfoz, Rede de Bibliotecas Públicas e a Consellería de Cultura e Turismo.
Os estudantes de Foz en situación de vulnerabilidade terán conexión gratuíta a internet ata final de curso. Acaba de anuncialo o alcalde focense, Fran Cajoto.
O rexedor municipal explica que “a empresa de telecomunicacións Adamo en colaboración co Concello de Foz ofrece conexión gratuíta a internet ata final de curso a todos aqueles estudantes en situación de vulnerabilidade que carezan dela. É unha gran iniciativa que permitirá a aqueles estudantes que carecían de dita conexión poder seguir o curso en igualdade de condicións. Fará menor esa brecha dixital que, como ben dixo a ministra Celaá, é una brecha social”.
Fran Cajoto engade que “en coordinación cos centros, o Concello xa levaba tempo recabando información sobre o número e cales son as necesidades a nivel educativo, xa que este curso vaise realizar on line...
leer másA Concellería de Cultura barreirense organiza, un ano máis, unha excursión gratuíta a Cedeira e San Andrés de Teixido. Será o día 27 de xuño.
A inscrición, ata cubrir prazas, pode facerse nas oficinas xerais do Concello de luns a venres de 9 a 14 horas, segundo explican desde o departamento de Cultura.