Envíos

Etiquetas:
25/03/2021

Desde Centro Comercial Histórico de Viveiro explican que “neste mes de marzo puxéronse en marcha varias iniciativas dende o CCHV. Iniciamos o mes coa campaña de Fora Stocks, cun resultado de ventas extraordinario, continuamos co sorteo de 1.500€ en premios na campaña do Dia do Pai, cun éxito de participación moi elevado, e finalizamos cunha campaña posta en marcha fai uns días na que os envíos realizados nos meses de marzo, abril e maio, tanto á Mariña como a Ortegal serán gratuítos”.

E engaden: “pretendemos con esta iniciativa facilitar as compras de tódolos clientes, que por un motivo ou outro non se poden achegar a Viveiro a mercar, ou simplemente por comodidade. Por un lado está enfocado á venta a través das redes sociais ou as webs, se un cliente ve algo que quere mercar nalgunha das redes dos negocios asociados o envío sairalle gratuíto. Por outro lado, está enfocado a...

leer más