Paella

Etiquetas:
18/08/2023

Landrove acollerá a sexta edición da súa Festa da Paella este sábado 19 de agosto ás 21horas. O evento terá lugar no atrio da igrexa de Landrove. Ademais contan con animación musical a cargo do Dúo Sonidos.

A festa está organizada pola asociación ACD Pequenos Pasos de Landrove e conta coa colaboración do Concello de Viveiro.

Etiquetas:
17/07/2023

Este venres, 28 de xullo, terá lugar na Pontenova unha popular ás 22 horas na Praza dos Fornos. Os interesados deben coller os seus tíckets antes do mércores 26 de xullo. Isto poderá realizarse nos establecementos: Bar Barreiros, Bar Puente, O Lar de Balbina ou San Briz.

O prezo será de cero euros para os socios, pero os organizadores aclaran que igualmente deben retirar un tícket por persoa. Ademais a gratuidade dos socios cubre exclusivamente aos cabeza de familia e os fillos menores e dependentes económicamente. Por outra banda, os non socios deben abonar 15 euros.

Haberá tamén unha amenización musical por parte de DJ Bombardero e relatan dende a asociación que existirá tamén un servizo de bar. Os organizadores (Centro de Interese Turístico A Pontenova) contan ca colaboración do Concello de a Pontenova.

Etiquetas:
21/07/2022

O C.I.T. A Pontenova coa colaboración do Concello organizará unha paella popular o vindeiro 29 de xullo. Este evento gastronómico realizarase na Praza dos Fornos as 22:00h.

As persoas interesadas en acudir deberán retirar as tarxetas en Bar Barreiros, Bar Puente, O Lar de Balbina ou en Bar Lennon, antes do 27 de xullo.

O prezo será 12€ para os non socios e gratis exclusivamente para os socios que sexan cabeza de familia ou fill@s menores e dependentes economicamente deles. Os socios deben igualmente retirar unha tarxeta por persoa.